Inicio Galicia Ovidio Rodeiro clausura o obradoiro de emprego xuvenil de carballo no que...

Ovidio Rodeiro clausura o obradoiro de emprego xuvenil de carballo no que se formaron 12 alumnos en carpintería e moble

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña animou as mozas e mozos a aproveitar esta formación para non desanimarse na busca de emprego


Un total de 12 alumnos e alumnas formáronse nos últimos seis meses en carpintería e moble, grazas a un obradoiro de emprego xuvenil. Ovidio Rodeiro foi o encargado de clausurar este taller promovido polo Concello de Carballo. Os alumnos comezaron a formación no mes de setembro e concluíron en marzo, tras seis meses de formación teórica e práctica.

Grazas a este obradoiro levouse a cabo construción e instalación de mobiliario urbano nas rúas Braille e Xílgaros. O delegado territorial comezou por felicitar aos participantes: “porque tivestes a oportunidade de traballar seis meses meses para mellorar as vosas capacidades profesionais, a vosa empregabilidade, en definitiva, o voso futuro”. Neste senso, resaltou a importancia da colaboración entre administracións públicas para impulsar a formación e a calidade do emprego en Galicia.

Ovidio Rodeiro admitiu que este tipo de actos “supoñen unha especial satisfacción para a Xunta, sempre comprometida na busca de oportunidades para a xuventude”. “Tendes agora a oportunidade de demostrar que soubestes aproveitar esta oportunidade”, sinalou, antes de pedirlles aos 16 alumnos que non se desanimen “na profesión de buscar un emprego”. Rematou agradecendo ao persoal docente “o esforzo por tratar de transmitir, xa non só os coñecementos, como o espírito de loita e emprendemento que vai a levar a estes rapaces a encarrilar o seu futuro profesional”.

Os obradoiros céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre