Inicio Galicia Ovidio Rodeiro clausura o obradoiro de emprego de Abegondo que formou a...

Ovidio Rodeiro clausura o obradoiro de emprego de Abegondo que formou a 20 alumnos en froitocultura e xardinería

0

O delegado territorial destacou que a comarca da Coruña contou con 11 obradoiros nos que a Xunta investiu 3,1 millóns de euros para formar a 216 persoas


Un total de 20 alumnas e alumnos formáronse nos últimos nove meses nos ámbitos de Froitocultura e Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinería, grazas a un obradoiro de emprego que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 315.000 euros. Os alumnos comezaron a formación teórica e práctica o pasado mes de outubro e concluíron esta mesma semana.

Ovidio Rodeiro foi o encargado de clausurar este taller de emprego, promovido polos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza –Cesuras e Paderne. Ao acto acudiron tamén os respectivos representantes municipais.

Na parte práctica realizaron actuacións de mantemento, mellora e plantación no lugar de Belche, Folgoso; no lugar de Mero, Limiñón; no lugar de Aquelabanda en Sarandós; nos polígono dos Capelos e no E.

L.

D.

U.

P dos Capelos; na Finca Leira Grande do Portelo en Souto; no lugar de O Pedregoso, no campo da Feira de San Marcos; nos xardíns da Casa do Concello de Abegondo, da Casa da Cultura de Bergondo e no complexo deportivo de Carral.

Ovidio Rodeiro destacou na súa intervención que “estes obradoiros permiten aos participantes obter unha cualificación profesional que favorece a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permite iniciar os seus propios proxectos”. O delegado territorial felicitou a todos “porque a partir de agora estades mellor preparados que fai 9 meses para atopar un emprego, xa que a vosa formación adaptouse ás necesidade das empresas desta comarca”.

ObradoirosOs municipios da área da Coruña contaron en 2018 cun total de 11 obradoiros de emprego, 9 deles de carácter dual, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 1 de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu en políticas activas de emprego na comarca da Coruña 3.150.332 millóns de euros.

Os obradoiros duais tiveron lugar en Cambre; A Coruña; Miño, compartido con Paderne e Pontedeume; Irixoa, compartido con Aranga, Monfero e Vilarmaior; Oleiros; Betanzos, compartido con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne; Oza-Cesuras, compartido con Coirós; Abegondo, compartido con Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne; Culleredo e Sobrado compartido con Curtis, Vilasantar. Pola súa banda, o obradoiro do Sistema de Garantía Xuvenil, realizarase en Betanzos, compartido con Coirós, Abegondo e Paderne.

Estes cursos de formación permitiron que un total de 216 persoas desempregadas se formasen nun oficio mentres realizaron tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais é de 9 meses e os de Garantía Xuvenil de 6 meses.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre