Inicio Galicia Ovidio Rodeiro asiste ao inicio do obradoiro de emprego de Santa Comba...

Ovidio Rodeiro asiste ao inicio do obradoiro de emprego de Santa Comba que formará a 20 alumnos en conservación e mellora de montes e carpintaría

0

O delegado territorial destacou que a Xunta financiará 8 talleres de formación e 59 cursos AFD na comarca cun investimento que supera os 4,5 M€


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá na apertura do obradoiro de emprego de Santa Comba, compartido con A Baña, Negreira e Val do Dubra que oferta 20 prazas para formar a 10 alumnos en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e a outros 10 en Instalación de Elementos de Carpintaría. Este obradoiro de emprego conta cun orzamento de 336.000 euros.

Os participantes neste taller de formación e emprego dual poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.

Concretamente, en conservación e mellora de montes levaranse a cabo limpezas e acondicionamentos en fincas municipais, zonas verdes, áreas recreativas, pistas deportivas, masas comúns, campos de fútbol e camiños en todos os concellos participantes.

Pola súa banda, os alumnos de carpintaría farán o deseño e a fabricación de elementos de madeira de fiestras, portas e infraestruturas para o centro de formación de Santa Comba. Tamén fabricarán revestimentos de contedores de lixo e estruturas de mobiliario para parques infantís. En Negreira están previstas actuacións de colocación de tarima no edificio multiusos, melloras na aula de música da Casa da Cultura e actuacións na aula do IESP do Coto. Ovidio Rodeiro destacou que “o obxectivo é seguir formando aos desempregados dos concellos galegos para incrementar as súas posibilidades de atopar un emprego, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación das empresas da contorna”.

Na súa intervención lembrou que “na comarca de Santiago está prevista a realización dun total de 8 talleres dos cales 5 deles son de carácter ordinario, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 3 de garantía xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá en políticas activas de emprego na comarca máis de 2,1 millóns de euros.

Os obradoiros duais son os de Ordes, compartido con Mesía e Frades; o de Touro, compartido con Boqueixón e Vedra; o de Ames, compartido con Brión; o de Santa Comba, compartido con Negreira, A Baña e Val do Dubra e o de Santiago de Compostela. Pola súa banda, os obradoiros de garantía xuvenil impartiranse en Santiago de Compostela; en Rois compartido con Padrón e Dodro e en Val do Dubra compartido con A Baña, Santa Comba e Negreira.

Estes obradoiros permitirán que un total de 142 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais serán de 9 meses e os de garantía xuvenil de 6 meses.

Cursos AFDO delegado territorial da Xunta tamén lembrou que a comarca da Santiago impartiranse 59 cursos AFD para formar a 885 alumnos cun investimento que supera os 2,4 millóns de euros. Estes cursos celebraranse na súa maioría no concello de Santiago e 5 estarán organizados polos concellos de Ordes e Santa Comba.

Empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos ofertarán accións formativas nos principais sectores da economía, primando a formación no eido do naval, a automoción, a edificación e obra civil, así como competencias clave e dixitais.

Os alumnos e alumnas interesados en acceder a esta formación poderán contactar coa entidade ou o centro para realizar a súa preinscrición no curso da súa elección. Ademais, poderán acceder a un certificado de profesionalidade que lles abrirá novas oportunidades laborais.

Os alumnos que participen nestes cursos tamén teñen dereito, sempre que cumpran uns requisitos, a becas que inclúen transporte, manutención, aloxamento, conciliación e apoio a alumnos vítimas de violencia de xénero ou con necesidades especiais.

Esta iniciativa, que se enmarca na Axenda 20 para o Emprego, conta co obxectivo de seguir incrementando a ocupabilidade das persoas sen un traballo, facilitándolles o seu acceso ao mercado laboral, ao tempo que se dota a Galicia dun capital humano máis formado de acordo ás necesidades reais das empresas. A convocatoria destes cursos é plurianual (2019-2020), o que posibilitará que se imparta unha formación máis completa e, polo tanto, lógrase unha maior empregabilidade dos alumnos.

Ovidio Rodeiro finalizou a súa intervención puntualizando que “só con estes dous programas a Xunta de Galicia investirá nesta área de Santiago máis de 4,5 millóns de euros para impartir os 8 obradoiros e os 59 cursos AFD”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre