Inicio Galicia Ovidio Rodeiro asiste á presentación da Copa do Rei e da Raíña...

Ovidio Rodeiro asiste á presentación da Copa do Rei e da Raíña de hóckey sobre patíns 2019-2020

0

O campionato celebrarase no pavillón de deportes de Riazor os días 19,20,21 e 22 de marzo coa participación de 16 equipos


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na presentación da Copa do Rei e da Raiña de hóckey masculina e feminina sobre patíns 2019-2020, unha competición nacional que este ano se disputará en Galicia grazas ao apoio da Xunta de Galicia. O representante do goberno autonómico apuntou que o campionato celebrarase no pavillón de deportes de Riazor os días 19,20,21 e 22 de marzo e contará coa participación de 16 equipos, 8 femininos e 8 masculinos, ademais da celebración da minicopa.

Ovidio Rodeiro lembrou que esta competición foi creada no ano 1944, sendo o torneo nacional de hóckey máis antigo que se disputa en España. Dende o ano 1999 adoptou o formato actual de fase final con oito contendentes nunha sede neutra. O club vencedor ostenta a condición de “Campión de España”. O campión obtén o dereito a disputar a “Supercopa de España” fronte ao campión da liga e obtén a praza para a Copa da CERS da seguinte tempada.

O delegado territorial recalcou que dende fai 10 anos este evento non ten como sede de celebración Galicia e puxo en valor que a súa celebración supón un impacto para a cidade da Coruña de máis de 550.000 euros porque están previstas máis de 1.500 pernoitas hoteleiras e a presenza de máis de 10.000 espectadores.

Na súa intervención destacou que “o deporte e os deportistas realizades unha actividade que mobiliza emocións e sentimentos, pero sobre todo, inflúe nas actitudes e comportamentos das persoas; a través da transmisión de valores todos eles tremendamente positivos: a capacidade do esforzo; o reto da superación; a necesidade da perseveranza, a igualdade entre compañeiros, o respecto e a deportividade cos rivais, entre outros moitos”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre