Inicio Galicia Ovidio Rodeiro asiste á inauguración do Mercado de Nadal do Concello de...

Ovidio Rodeiro asiste á inauguración do Mercado de Nadal do Concello de Curtis

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, asistiu á inauguración do Mercado de Nadal no recinto feiral. Este evento está organizado pola Asociación de Comerciantes de Curtis, integrada por 60 negocios instalados no núcleo deste Concello.

Hoxe sábado 14 de decembro e mañá domingo 15 de decembro abre este poboado de nadal cheo de casetas cunha ampla variedade de produtos vinculados con estas datas festivas. Pero, sen dúbida, un dos grandes atractivos do evento será a gastronomía, xa que os stands ofrecerán produtos de primeira calidade da nosa terra. Ademais, os visitantes terán a súa disposición atraccións para os máis pequenos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre