Inicio Galicia Ovidio Rodeiro anuncia a licitación do itinerario peonil na estrada AC-524 en...

Ovidio Rodeiro anuncia a licitación do itinerario peonil na estrada AC-524 en Ordes cun investimento de 650.000 ?

0

O delegado territorial visitou a zona na que está previsto que se leve a cabo esta actuación de 1,3 km que conectará co albergue de peregrinos


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez, anunciou a licitación do proxecto de construción do itinerario peonil na estrada AC-524, na contorna do futuro albergue de peregrinos do municipio de Ordes, cun investimento autonómico de preto de 650.000 euros. O delegado territorial visitou a zona na que está previsto que se leve a cabo esta actuación.

Trátase da execución dunha senda pola marxe dereita desta estrada da Xunta, que partindo do itinerario peonil xa existente finaliza no punto quilométrico 0+500, e discorre polo núcleo de Ordes ata o p. q. 2+000, no lugar denominado A Costa.

Esta actuación do departamento de Infraestruturas e Mobilidade ten como finalidade mellorar a seguridade viaria na zona, separando o tráfico peonil do tráfico rodado, e fomentar a mobilidade peonil en detrimento do uso dos vehículos. Ademais, puntualizou Ovidio Rodeiro, “estas actuacións melloran a seguridade viaria e forman parte da estratexia xeral do Goberno galego de preparar o Xacobeo 2021 como o mellor da historia”.

O delegado territorial lembrou que a senda terá unha lonxitude total de case 1,3 Km, a zona de tránsito peonil constará dunha sección tipo de formigón coloreado de 2 metros separada da calzada cunha banda axardinada de 0,90 metros, salvo nalgún tramo no que non sexa posible por falta de espazo.

Tamén se prevé a execución dunha pasarela de 15 m sobre o río Cabrón. Este novo treito conectará co albergue de peregrinos e permitirá unir, ademais, outros focos de atracción tales como os centros educativos IES nº1 de Ordes e co colexio Alfonso Rodríguez Castelao, cos pavillóns polideportivos, locais comerciais e industriais, farmacias, etc.

Deste xeito, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade quere dar continuidade e conectividade entre a senda existente e o itinerario cuxo proxectado acaba de ser aprobado, o que derivará nun fomento da mobilidade alternativa e supoñerá alcanzar unha diminución do tráfico rodado motorizado diario que actualmente existe entre estes núcleos, así como a mellora da seguridade viaria do treito.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre