Inicio Galicia Ovidio Rodeiro anuncia a ampliación de tres novos cursos de formación en...

Ovidio Rodeiro anuncia a ampliación de tres novos cursos de formación en Santiago para formar a 45 desempregados grazas a un investimento de máis de 215.000 euros

0

O delegado territorial da Xunta coñeceu o centro de Lucaser en Negreira no que se imparte formación a 60 persoas cunha achega de 138.000 euros


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou as instalacións Lucaser en Negreira onde se están a impartir catro cursos de formación AFD (Accións Formativas dirixidas prioritariamente a desempregados) relacionados con Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos, Docencia e Formación Profesional para o Emprego, Organización e Xestións de Almacéns e Creación e Xestión de Microempresas.

En total, a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste nestes catro cursos máis de 138.000 euros para formar a 60 alumnos. Na súa intervención o delegado territorial destacou “a importancia de apostar pola formación para multiplicar as posibilidades das persoas desempregadas de atopar un traballo”. Neste senso, apuntou que “estamos facendo un importante esforzo para adaptar a preparación que impartimos ás necesidades das empresas da contorna o que nos permite acadar insercións laborais, posteriores aos cursos, que roldan o 60%”. Ademais, “outro dos nosos obxectivos é complementar a formación con prácticas en empresas polo que moitos dos alumnos que participan nestes cursos atopan traballo incluso antes de rematar a súa formación”, puntualizou.

Leer más:  La Sanidad destaca la tendencia a la baja de la tuberculosis en Galicia, con 308 casos en 2022

O representante do goberno autonómico informou que a Xunta de Galicia ven de ampliar 3 novos cursos na área de Santiago en Cruz Vermella Española e no Grupo Empresarial de Servicios cun investimento de 215.000 euros para formar a 45 desempregados.

Con esta ampliación, na comarca de Santiago impartiranse en total 68 cursos a través do Plan galego de formación 2018/2019 de AFD , nos que poderán participar máis de 1.000 persoas que ampliarán a súa formación, e que ao remate recibirán os seus correspondentes certificados de profesionalidade, con validez en toda España. Estas accións teñen lugar en centros homologados, que poden ser tanto empresas como concellos e entidades sen ánimo de lucro. Ovidio Rodeiro sinalou que a través deste programa a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá na área de Santiago máis de 2,9 millónsEsta iniciativa, que se enmarca na Axenda 20 para o Emprego, conta co obxectivo de seguir incrementando a ocupabilidade das persoas sen un traballo, facilitándolles o seu acceso ao mercado laboral, ao tempo que se dota a Galicia dun capital humano máis formado de acordo ás necesidades reais das empresas. A convocatoria destes cursos é plurianual (2018-2019), o que posibilitará que se imparta unha formación máis completa e, polo tanto, unha maior empregabilidade dos alumnos.

Leer más:  "'Taxibol' y 'Habitar' fueron las dos mejores películas en la 19 MICE Museo do Pobo Galego"

Como novidade este ano, os alumnos e alumnas poderán por primeira vez escoller o centro e a acción formativa que se impartirá en empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos que son os adxudicatarios das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Ademais, os centros de formación terán a posibilidade de seleccionar directamente ao alumnado. Ata o de agora a elección só correspondía ao Servizo Público de Emprego de Galicia. A cualificación que se imparta permitirá seguir accedendo a certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado e será acorde ás necesidades que demanda o tecido empresarial.

Inserción media do 60%A Xunta continúa impulsando os cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas, xa que este tipo de accións formativas alcanzan de media unha inserción laboral próxima ao 60%. Na selección do alumnado terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

Leer más:  Un hombre muere tras ser atropellado en Ourense

O obxectivo do Plan de formación 2018-2019 é o de facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas sen emprego de Galicia. Na convocatoria deste ano, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ampliou a dotación orzamentaria inicial co propósito de atender o maior número de solicitudes.  


- Te recomendamos -