Inicio Galicia Ourense é a cidade galega na que máis aumentou o número de...

Ourense é a cidade galega na que máis aumentou o número de viaxeiros aloxados, un 11,9%, nos primeiros once meses do ano pasado

0

Tamén subiu o número de pernoitas ou volume de noites nun 11% con respecto ao mesmo período de 2018


Ourense é a cidade galega na que máis aumentou a demanda de aloxamentos turísticos regrados durante os primeiros once meses do pasado ano, rexistrando 224.899 pernoitas, cifra que supón un incremento do 11% en relación co mesmo período do ano anterior. Así o reflicten os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referentes ao período de xaneiro a novembro de 2019.

Na cidade das Burgas aloxáronse 136.591 viaxeiros, o que representa unha subida do 11,9% con respecto ao ano pasado. É o segundo ano consecutivo, e cuarto nos últimos cinco, no que se observa unha mellora dos niveis de demanda hoteleira en Ourense ata o mes de novembro (case 225.000 noites) que permite acadar a cifra máis elevada da última década e que contabiliza 22.000 novas pernoitas en comparación co ano 2018Así mesmo, cómpre subliñar que na provincia ourensá tamén medra esta demanda, con distinta intensidade. A cifra de viaxeiros aloxados sobe un 3,4% (374.150) e o volume de noites nun 3,7% (711.241 pernoitas) en relación ao mesmo período do pasado ano..

Prevese que os datos correspondentes ao mes de decembro se publiquen durante a última semana de xaneiro, que será cando se poida facer un balance global da evolución do turismo en 2019, malia que todo apunta a que non variará moito con respecto ás cifras coñecidas dos seus primeiros once meses.

Rexístrase un comportamento dispar nas diferentes tipoloxías de aloxamento. O nivel de demanda sobe unicamente nos hoteis -nun 8,9%- pero descende nas restantes tres modalidades -pensións, establecementos de turismo rural e apartamentos turísticos-.

O 89% da demanda concentrouse no segmento hoteleiro (un 72 % nos hoteis e un 17% nas pensións), e o 11% restante repartiuse entre os apartamentos turísticos (3%) e os aloxamentos de turismo rural (8%).

En canto á procedencia dos visitantes, os datos do sector hoteleiro reflicten que o turismo interno subiu un 10,6% e o internacional un 8,1%.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, indica que estes datos reflicten que en termos globais, durante 2019 se observa “un comportamento positivo da demanda turística na provincia de Ourense, xa que non só se incrementou a cifra de viaxeiros aloxados senón tamén o volume de noites. O turismo consolídase na nosa provincia que segue a ser un destino cada vez máis atractivo e mellor valorado polas persoas que nos visitan”. Ademais, estes datos indican que a actividade promocional da Xunta de Galicia está a dar resultados positivos, tal e como se recolle no balance presentado no último Consello da Xunta pola Consellería de Cultura e Turismo das accións de promoción realizadas do destino galego durante o ano 2019.

Este informe constata que durante o ano pasado se realizaron máis de 100 accións de promoción en máis de 30 países, entre elas a participación en 47 feiras e workshops, das cales un 70% se levaron a cabo no estranxeiro, en países de Europa, América, Asia e Oceanía.

Na falta de contabilizar os datos do INE correspondentes a decembro, Galicia duplica a cifra de turistas estranxeiros en só unha década, superando xa os 1,4 millóns de viaxeiros internacionais, e podería rematar o ano batendo récords en distintas variables.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre