Están instalados biombos de metacrilato nos locais onde é necesario, e foi repartido tamén diverso material de protección como máscaras e guantes ou de botes de xel hidroalcólico
Todos os xulgados galegos contan con todas as medidas de protección necesarias para garantir unha completa seguridade en materia sanitaria fronte á covid-19 en todos os xuÃzos previstos, tanto para o persoal da Administración de Xustiza como para os usuarios.
Están instalados biombos de metacrilato nos locais onde é necesario, e foi repartido tamén diverso material de protección como máscaras e guantes ou de botes de xel hidroalcólico.
No caso concreto da sección quinta da Audiencia en Vigo, procedese da mesma maneira. Naqueles xuÃzos que conten con xurado popular, serán instaladas mamparas de metacrilato dado que polas caracterÃsticas da sala non é posible manter a distancia de seguridade de 1,5 m. entre cada un dos 9 titulares e os 2 suplentes que conforman o xurado.
Polo que ao longo deste mes, dado que o primeiro xuÃzo con xurado popular está sinalado para mediados de outubro, procederase a colocar ditas mamparas de separación na sala onde está previsto o xuÃzo.