O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez AlmuÃña, presentaron hoxe o protocolo coas medidas preventivas para a xornada electoral do próximo 12 de xullo
Os votantes que acudan a un local electoral o próximo 12 de xullo deberán levar unha máscara e hixienizar as mans antes de facer entrega do seu voto e do seu documento de identidade. Do mesmo xeito, os membros das mesas tamén deberán levar máscara e hixienizar de forma frecuente as súas mans. Para facilitar o cumprimento destas obrigas, a Xunta facilitará o material de protección e produtos necesarios, que estarán a disposición dos galegos e galegas nos locais electorais.
Estas son algunhas das medidas que se incluirán no Protocolo de medidas preventivas elaborado para que a xornada do 12 de xullo se desenvolva coas máximas garantÃas sanitarias. O documento foi presentado hoxe polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez AlmuÃña. As pautas serán tratadas coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), coa previsión de aprobalas o próximo venres no Consello da Xunta. O Protocolo tamén será remitido á Xunta Electoral de Galicia.
O conselleiro de Sanidade puxo en valor que o protocolo foi supervisado por saúde pública e recibiu tamén o visto bo do comité clÃnico. Neste sentido explicou que, aÃnda que “todos os datos apuntan a que xullo vai ser un momento tranquilo para realizar unha votación en condicións adecuadas”, o protocolo quere ir “máis alá” para que a xornada electoral se desenvolva coas garantÃas sanitarias máximas.
Nesta mesma liña, o vicepresidente destacou que Galicia “camiña con paso firme cara á normalidade”, pero ese camiño non debe impedir que se tomen todas as medidas para garantir ata o extremo a seguridade das eleccións. “A premisa fundamental é que se vote con total tranquilidade o 12 de xullo”, explicou.
AsÃ, segundo se recolle no Protocolo, os electores que acudan a votar deberán levar de forma obrigatoria máscara: ben a que traian do domicilio, ou ben unha das que estarán a súa disposición no local electoral. Terán tamén que hixienizar as mans de forma obrigatoria co xel hidroalcohólico que haberá nos locais antes de facer entrega do seu voto. Recoméndase tamén que, na medida do posible, leven o voto preparado da casa para evitar os máximos contactos posibles.
As pautas para os membros da mesa tamén se basean na hixiene e no uso de material de protección. Facilitaráselles catro máscaras a cada un, para cumprir coa necesaria renovación cada catro horas, e tamén disporán dunha pantalla facial. Contarán con produtos de hixiene para que poidan usalos ao longo da xornada e haberá un dispositivo, como unha bandexa, onde o votante poderá depositar o documento de identidade sen que haxa necesidade de que sexa manipulado polos membros da mesa.
Neste aspecto, a Xunta tamén recomenda aos membros que sexan chamados para a mesa que teñan máis de 65 anos ou pertenzan a grupos especialmente vulnerables que aleguen estas circunstancias ante a xunta electoral correspondente no prazo previsto de sete dÃas logo de que sexan notificados.
Medidas organizativasEn canto ás medidas máis xerais, procurarase sempre manter a distancia de seguridade de dous metros. De non ser posible, e ao levar equipamentos de protección, deberase gardar en todo caso un metro como distancia mÃnima.
AsÃ, por exemplo, organizarase a entrada dos votantes, priorizando aos maiores de 65 anos e persoas con discapacidade. Co mesmo obxectivo, tamén se establecerán fluxos e circulación e circuÃtos separados de entrada e saÃda cando sexa posible e instalaranse carteis informativos coas recomendacións sanitarias, asà como as indicacións correspondentes no chan sobre distancias e sentido da circulación.
Os locais deberán ser correctamente ventilados, antes e durante a xornada electoral, ademais de que se intensificarán as actuacións de limpeza e desinfección previamente e na propio dÃa. De feito, os concellos poderán solicitar que se desinfecten antes da xornada. E durante a xornada os locais deberán limparse polo menos 3 ou 4 veces, cando o autoricen os presidentes das mesas, e incidÃndose nas superficies máis expostas.
Equipo de coordinadoresPara cumprir con estas pautas, é preciso habilitar máis recursos que en convocatorias anteriores. AsÃ, ademais do material de protección e da cartelerÃa, a Xunta financiará as actuacións de limpeza e desinfección dos locais electorais, asà como tomará as medidas necesarias para garantir o control de acceso aos locais electorais.
A Xunta tamén habilitará un equipo de máis de 130 coordinadores que se encargarán de supervisar os locais electorais para que se cumpran as medidas sanitarias establecidas no protocolo. Visitarán os centros previamente e tamén o propio dÃa da xornada electoral, mediante roldas, para garantir que se están cumprindo as pautas fixadas.
Rueda insistiu en que a Xunta se fará cargo dos custos adicionais: “seremos os que poñemos as pautas, ocuparémonos da súa implantación e tamén da solución dos seus custos”, explicou.
Voto por correoAdemais de todas estas medidas, a Xunta cre fundamental fomentar o voto por correo. Por iso, no protocolo tamén propón ás administracións competentes tomar medidas para facilitalo. AsÃ, propón ampliar o prazo do voto por correo ata dous dÃas antes das eleccións ou establecer un protocolo, similar ao que se emprega en centros penitenciarios -co desprazamento do funcionario de Correos-, para facilitar o voto das persoas que residen en centros de maiores e para colectivos especiais como os maiores de 65 anos ou persoas vulnerables. Para garantir o voto das persoas con sÃntomas ou en illamento, tamén solicita implantar un sistema de videoconferencia, legalmente válido, que permita autorizar a solicitude de voto por correo a outras persoas.
Ademais, para garantir o voto no exterior, a Xunta dirixirase tamén ao Ministerio de Exteriores e á Xunta Electoral Central, para que se tomen as medidas necesarias para facilitar o voto dos residente do exterior. AsÃ, solicitarase por exemplo que se entendan como válidas as solicitudes que xa se formularon para as eleccións do 5 de abril e que se manteñan as claves de tramitación telemática para os que non chegaran a facer esta solicitude.