Inicio Galicia Os vehículos que presten servizos de alugueiro con condutor en Galicia deberán...

Os vehículos que presten servizos de alugueiro con condutor en Galicia deberán portar un distintivo que facilite a súa identificación

0

Esta regulación ten como finalidade velar pola calidade do servizo que reciben os usuarios e evitar prácticas fraudulentas

Os vehículos que presten servizos de alugueiro con condutor en Galicia deberán portar un distintivo que facilite a súa identificación. A Xunta publica hoxe no Portal de Transparencia o borrador de orde que regula esta obriga para os chamados ‘VTC’, que inicia así, ata o 10 de agosto, o seu proceso de información pública. Pódese consultar o texto aquí.

Esta regulación ten como finalidade velar pola calidade do servizo que reciben os usuarios e evitar prácticas fraudulentas, evitando ademais prácticas de competencia desleal.

O borrador da orde detalla a obriga da utilización do distintivo que deberá permitir a doada identificación exterior desta tipoloxía de servizo público, que permite facilitar que os vehículos con autorización administrativa de arrendamento con condutor dispoñan dun distintivo que permita verificar claramente a viaxeiros, profesionais e servizos de inspección, tanto a vixencia da súa autorización como a matrícula do vehículo que desenvolve a actividade.

Leer más:  Eliminado vertido de aguas residuales en Catoira, Pontevedra

Trátase dun dispositivo autoadhesivo de vinilo, que se deberá colocar na parte dianteira e traseira do vehículo. Máis en concreto, un dispositivo na parte superior dereita da lúa dianteira, cunhas dimensións de 4 x 8,4 cm, e outro na zona inferior esquerda da lúa traseira, de 18 x 10 cm. A Xunta prevé aprobar a orde este mesmo ano, concedéndose un prazo de dous meses para a instalación dos dispositivos, e, posteriormente darase un prazo de 2 meses para esixir a disposición do distintivo aos vehículos dedicados ao arrendamento con condutor.

A falta de identificación dos vehículos, coa súa correspondente autorización administrativa de arrendamento con condutor, pode dar lugar a prácticas fraudulentas no desenvolvemento desta actividade. Neste sentido, o dispositivo de identificación serve para a súa fácil distinción fronte aos vehículos non autorizados que poidan estar exercendo esta actividade de maneira irregular.

Esta iniciativa está amparada polo regulamento da Lei de ordenación dos transportes Terrestres, que permite esixir que todos os vehículos con autorización de arrendamento con condutor domiciliadas en Galicia dispoñan dun distintivo identificativo da súa actividade.

Leer más:  Mañueco asistirá el sábado a la ceremonia de toma de posesión de Rueda con la presencia de mil invitados

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, desenvolve o previsto na Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, que deu lugar a unha modificación do artigo 53 da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia.


- Te recomendamos -