Inicio Galicia Os veciños de Sobrado e os peregrinos xa se benefician da mellora...

Os veciños de Sobrado e os peregrinos xa se benefician da mellora executada pola Xunta na estrada AC-934 que reforza a seguridade e facilita a mobilidade na contorna

0
image_gallery.jpg

A Xunta achegou un investimento de máis de 1,6 M€ ao acondicionamento dun tramo de 4,5 km da vía entre o límite coa provincia de Lugo e o cruce de Abeleiras


Os veciños de Sobrado e os peregrinos xa teñen á súa disposición a mellora executada pola Xunta na estrada AC-934, que reforza a seguridade viaria e facilita a mobilidade na contorna.

A Xunta achegou un investimento de máis de 1,6 millóns de euros para acometer o acondicionamento do tramo de 4,5 quilómetros da estrada que transcorre entre o límite coa provincia de Lugo e o cruce de Abeleiras.

A obra supuxo a ampliación da calzada para acadar un largo de plataforma de 8 metros, con características xeométricas similares ás do treito mellorado na provincia de Lugo. Tamén se rectificaron as curvas de menor radio.

O proxecto incluíu a rehabilitación de todo o firme e na travesía de Vilariño-O Mesón estendeuse unha nova capa de rodada, ademais da ordenacións dos aparcadoiros.

Tamén se melloraron as principais interseccións coas vías locais, coa creación de cuñas de cambio de velocidade e semiglorietas para facilitar os cambios de sentido.

Trátase dunha estrada que coincide co Camiño de Santiago do Norte, concretamente da Ruta da Costa, polo que no treito construíuse unha senda de 3 km, desde o límite coa provincia de Lugo ata a entrada na travesía de Vilariño-O Mesón.

Esta actuación forma parte dos investimentos que está a realizar a Xunta de cara a chegar o mellor preparados posible ao Xacobeo 2021 e permite mellorar a seguridade viaria e a comodidade na circulación dos usuarios, favorecendo a preparación do Camiño de Santiago.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre