Inicio Galicia Os veciños de Boimorto contarán cun Campo da Feira máis accesible e...

Os veciños de Boimorto contarán cun Campo da Feira máis accesible e humanizado para o seu encontro

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a alcaldesa de Boimorto asinaron o convenio de colaboración que permitirá levar a cabo esta actuación, que implica un investimento de máis de 140.000 euros


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Boimorto colaborarán na execución das obras que mellorarán a accesibilidade do contorno do Campo da Feira. Deste xeito, os veciños de Boimorto disporán dunha zona máis humanizada e confortable para o seu encontro.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo Gómez, asinaron hoxe o convenio de colaboración polo que se levarán a cabo estas obras, e para as que se prevé un orzamento de máis de 140.000 euros. Tal e como lle explicou a conselleira á alcaldesa a Xunta achegará un 70% do custo estimado da obra —é dicir, case 80.000 euros— e o 30% restante —case 34.000 euros— correrá a cargo do propio concello.

As obras recollidas no convenio permitirán mellorar a contorna do antigo Campo da Feira e da Casa da Cultura, coa finalidade de dotar ao lugar dun espazo público para facilitar aos veciños un punto de encontro.

A conselleira destacou que esta zona atópase moi próxima ao Camiño de Santiago, polo que serve de praza e de punto de descanso e recollemento para moitos peregrinos que transitan por este itinerario que pasa polo Concello de Boimorto ou que se hospedan no albergue próximo.

Así, realizarase unha reforma integral da praza, dotándoa de mobiliario novo, como bancos, luminarias LED, papeleiras, etc.; ao tempo que se redeseñan as zonas axardinadas e se elimina na zona do parque infantil, para instalar pavimento de caucho e tamén se procederá ao revestimento do muro da Campo da Feira con pedra natural. A obra tamén implicará a instalación dunha rede de rego con tubaxe enterrada, con aspersores para o mantemento do xardín.

Tras a sinatura do convenio, a Consellería de Medio Ambiente pode proceder á licitación da obra, para as que se prevé un prazo de execución de tres meses, polo que sendo rigoroso cos prazos, esta actuación poderá ser unha realidade este mesmo ano.

Por último, a conselleira recordou que esta actuación enmárcase dentro do chamado Plan Hurbe, un programa posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 para apoiar ás entidades locais á hora de levar a cabo actuacións coma a comprometida hoxe coa alcaldesa de Boimorto, que contribúen a crear ou humanizar espazos de uso común e a garantir o acceso dos veciños a infraestruturas públicas e servizos.

De feito, grazas a este programa son xa 200 as intervencións executadas nun total de 125 concellos, o que significa que no período 2010-2018 a Xunta actuou case no 40% dos municipios de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre