Inicio Galicia Os veciños da parcelaria de Trazo, no concello homónimo, poderán tomar posesión...

Os veciños da parcelaria de Trazo, no concello homónimo, poderán tomar posesión dos seus predios o vindeiro 31 de xullo

0

O director xeral de Desenvolvemento Rural vén de asinar este trámite que permite aos veciños entrar nas parcelas concentradas


A Consellería do Medio Rural dá un paso máis na reestruturación parcelaria de Trazo, no concello coruñés homónimo, coa toma de posesión provisional das novas parcelas. En concreto, o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, vén de asinar este acordo que permitirá aos veciños acceder aos predios de reemprazo o vindeiro 31 de xullo.

Esta reorganización do territorio beneficia a 309 propietarios que contaban ao inicio do proceso con 3.041 parcelas, cunha superficie media de 2.806 metros cadrados. A día de hoxe hai 649 predios de substitución que teñen unha superficie media de 13.148 metros cadrados, un redimensonamento que lles permitirá facer os seus terreos máis operativos e competitivos. A superficie total concentrada neste proceso de reestruturación ascende a 854 hectáreas.

O concello coruñés de Trazo conta con outras sete parcelarias rematadas que, entre todas, aglutinan unha superficie concentrada de máis de 6.200 hectáreas, é dicir, preto do 62% da superficie total deste municipio.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre