Inicio Galicia Os usuarios das redes sociais conceden o premio de mellor posto do...

Os usuarios das redes sociais conceden o premio de mellor posto do Salón Gourmets 2019 ao ?stand? da Consellería do Mar

0


O posto da Consellería do Mar no Salón Gourmets 2019, o encontro de referencia no sector dos produtos de alimentación e bebidas delicatessen celebrado esta semana en Madrid, recibiu hoxe o recoñecemento como o mellor stand da feira que conceden os usuarios das redes sociais. O departamento autonómico participou neste encontro sectorial cun espazo que contaba cun moderno deseño no que primaban os motivos pesqueiros con peixes e aparellos de pesca entre a súa decoración.

A Consellería do Mar acudiu este ano ao evento cun posto de preto de 400 metros cadrados dividido en dúas illas e que acolleu a 22 entidades expositoras. Nel os asistentes puideron degustar os manxares que ofrece a inmensa despensa que é o mar galego e tamén realizar contactos empresariais nun centro de negocios ou desfrutar de estampas da vida mariñeira de Galicia grazas a unha aplicación de realidade virtual. O stand da Consellería do Mar foi da man da Consellería de Medio Rural, que acolleu a 23 empresas galegas no seu espazo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre