Inicio Galicia Os traballos da senda peonil e ciclista na estrada LU-633 en Portomarín...

Os traballos da senda peonil e ciclista na estrada LU-633 en Portomarín farán necesario o corte de tráfico durante o horario laboral este xoves e venres

0
image_gallery.jpg

Avanza a execución deste itinerario continuo de 260 metros desde a zona do albergue de peregrinos ata a entrada da ponte de acceso á vila


Os traballos na execución da senda peonil e ciclista na estrada LU-633 aos seu paso por Portomarín, farán necesario o corte de tráfico durante as dúas próximas xornadas laborais: desde as 07:00h e, ata as 19:30 horas de mañá, xoves día 10; e entre as 07:00h e as 13:00 horas do venres 11.

Trátase de seguir avanzando nas obras de construción dunha senda de 260 metros de lonxitude na marxe esquerda desta estrada para executar un itinerario continuo sen ter que cruzar a vía, nun treito por onde discorre o Camiño de Santiago Francés.

Desde a pasada semana está a traballarse na zona próxima ao encoro para executar a ampliación da plataforma da estrada, que require a instalación dunhas estruturas en voladizo prefabricadas, chamadas prelosas. Esta intervención previa fixo preciso o levantamento do carril dereito da estrada, para a colocación das prelosas, polo que a circulación está a efectuarse polo carril libre, dándose paso alternativo con semáforos.

Mañá está previsto o inicio dos traballos de colocación das prelosetas prefabricadas, para o que xa está deseñado o desvío alternativo do tráfico da estrada LU-633. O corte da estrada estará debidamente sinalizado e coordinado co Concello. Para minimizar a afección na circulación, tamén se situarán tres persoas regulando o paso alternativo do trafico nos tres cruces do desvío alternativo habilitado.

Ao final de cada xornada repoñerase o paso do tráfico polo carril xa habilitado na LU-633, entre os puntos quilométricos 72+200 e 72+700, regulado con semáforos para o paso alternativo de vehículos.

Con esta intervención ampliarase a sección actual para poder albergar os elementos da nova plataforma, que servirá para reforzar a seguridade das persoas que se desprazan a pé, evitando que teñan que circular pola beiravía.

O novo itinerarioO novo itinerario impulsado pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade conta cun investimento de 285.000 euros, e ten un prazo de execución de 6 meses.

A execución da senda ten como obxectivo mellorar as condicións de seguridade dos peregrinos e dos peóns, en xeral, no seu percorrido por esta zona, desde a baixada do Camiño de Santiago -fronte ao albergue situado a esa altura da vía autonómica- ata a entrada da ponte de acceso á vila de Portomarín.

No punto de inicio localízanse as escadas de baixada do Camiño Francés na beira dereita, polo que nesa parte complementarase cun pequeno treito de senda a ese lado da calzada e un paso de peóns.

Esta intervención nun dos accesos principais á localidade para os peregrinos que realizan a ruta Xacobea enmárcase na aposta da Xunta por un modelo de mobilidade segura e sostible e está incluída no Plan de sendas de Galicia para a comarca de Lugo. A actuación está cofinanciada con Fondos Feder 2014/2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre