Inicio Galicia Os test enviados polo Ministerio necesitan complementarse coas probas de PCR, segundo...

Os test enviados polo Ministerio necesitan complementarse coas probas de PCR, segundo os profesionais da Comisión de xestión de crise sanitaria

0

Non permiten o diagnóstico clínico dunha posible infección por coronavirus

Os test que foron enviados polo Ministerio a Galicia teñen unha utilidade tan só complementaria doutras técnicas de diagnósticos na detección de infeccións polo virus COVID-19, segundo conclúen profesionais que forman parte da Comisión de xestión da crise sanitaria.

Neste sentido, un dos seus membros, o xefe de servizo de Microbioloxía do CHUVI e catedrático da USC, Benito Regueiro, explica que os test distribuídos valen exclusivamente para valorar se unha persoa tivo contacto co virus, pero non permiten realizar un diagnóstico clínico: “Non son en sentido estrito un test de diagnóstico, xa que o único que valoran é a resposta de defensa da persoa”.

Regueiro explica que os devanditos test serven para complementar as probas diagnósticas como as PCR que xa está realizando o Sergas: “Serven só para valorar se a persoa tivo contacto co virus, e sempre que sexa alguén que non teña unha inmunosupresión de base”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre