Inicio Galicia Os servizos de urxencias dos hospitais do Sergas comezan a facer test...

Os servizos de urxencias dos hospitais do Sergas comezan a facer test de antíxenos

0
image_gallery.jpg

Trátase dunha técnica para realizar no mesmo punto da atención sanitaria tras a toma da mostra, cun procedemento sinxelo, e proporciona un diagnóstico rápido que permite realizar as accións de control de forma inmediata


Os servizos de urxencias dos hospitais do Servizo Galego de Saúde comezaron hoxe a facer test de antíxenos para a detección de casos de infección pola covid-19. Este tipo de test consiste nunha técnica que se realizas no mesmo punto da atención sanitaria tras a toma da mostra. Trátase dun procedemento sinxelo. Preséntase en pequenos kits que conteñen todo o material necesario para facer as determinacións individualmente. É unha técnica que cuxo principal potencial é o de proporcionar un diagnóstico rápido (nuns 15 ou 20 minutos)., polo que permite realizar as accións de control de forma inmediata.

Dentro das liñas de actuación de vixilancia, prevención e control da infección pola covid-19, faise indispensable a realización de probas diagnósticas que permitan a detección precoz de novos casos de infección por este virus.. No que respecta as probas de antíxenos, recentemente desenvolvéronse novos kits que presentan uns bos resultados de sensibilidade analítica en estudos en pacientes sintomáticos con menos de sete días de evolución.

As probas rápidas de detección de antíxenos, polas súas características técnicas, e o rápido tempo de resposta, considéranse fundamentais para axilizar a confirmación da sospeita diagnóstica nun paciente con cadro clínico de infección respiratoria. O seu uso é especialmente relevante naqueles casos onde se require unha resposta áxil e no menor tempo posible na atención sanitaria, a un paciente con síntomas de infección respiratoria compatible coa vovid-19. Por iso, o Segas priorizou a súa utilización en pacientes con síntomas compatibles coa covid-19 nos servizos de urxencias hospitalarios.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre