Inicio Galicia Os retos da economía e o mercado laboral centran o terceiro Foro...

Os retos da economía e o mercado laboral centran o terceiro Foro de Debate da Estratexia Dixital 2030, que se celebra hoxe en Vigo

0

A directora da Amtega e o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade da Universidade de Vigo inauguraron esta mañá a terceira das catro xornadas de debate previstas


Profesionais de recursos humanos, do ámbito forestal, medioambiental, de diferentes sectores empresariais, industriais, asociacións de consumidores e representantes do terceiro sector xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Vigo as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edeg2030) para aplicar a tecnoloxía aos retos en torno ao mercado laboral, a adaptación ao cambio climático e á economía dixital.

O terceiro dos foros de debate da edeg2030 pon o foco no cambios no mercado laboral que trae consigo a economía; o potencial das tecnoloxías dixitais para contribuír a un cambio no modelo de consumo e diminuír o impacto medioambiental; e o impacto das tecnoloxías dixitais no xurdimento de novas actividades económicasEsta xornada de debate para a elaboración da edg2030 e foi inaugurada esta mañá na Facultade de Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade da Universidade de Vigo, José Luis Miguez.

No grupo de debate sobre os retos no mercado laboral participaron tamén a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca; o director xeral de Función Pública, José María Barreiro; e a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Verónica Martínez; Nas mesas de economía verde e economía dixital interviñeron a subdirectora xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, María Luz Macho; o subdirector xeral de Espazos Naturais, Juan Gómez; o director técnico de Sogama, José Antonio Álvarez; a directora Xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez; a xefa do Servizo de Réxime Xurídico de Augas de Galicia Pilar Arias; a responsable de Programas do Igape, Fany Suárez e a xefa da Área de Calidade e Proxectos europeos, Laura González- Dopeso.

Primeiro dos fitos previstosEstes Foros de Debate, organizados pola Amtega en colaboración cos diferentes departamentos da Xunta e as tres universidades galegas, constitúen o primeiro dos fitos previstos na elaboración da Estratexia Dixital para a vindeira década.

En total, esta semana celebraranse catro sesións de traballo nos campus de Ourense, Santiago, Vigo e A Coruña, que congregarán aos axentes implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación, e de representantes das principais empresas da Comunidade, do hipersector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil.

Trátase dos primeiros encontros previstos neste proceso participativo, no que se contará tamén coas achegas da cidadanía a través do portal da Amtega (https://amtega.xunta.gal/edg2030-participa), así como dun comité de expertos que trasladen a súas expectativas, visións e preocupacións en torno a retos definidos previamente coas diferentes consellerías. O obxectivo final é dispoñer dunha folla de ruta para abordar os retos derivados da transformación dixital. Workshops en torno a catro temas Durante esta semana máis de 500 profesionais de diferentes ámbitos, repartidos en 12 grupos de traballo están a facer as súas achegas para definir as liñas de actuación da futura edg2030 en torno a catro áreas temáticas: Territorio Verde e Conectado, Vida Dixital, Economía Aberta e Especialización Tecnolóxica.

A edg2030 quere contribuír a un desenvolvemento sostible da Comunidade, tanto a nivel económico, como social e medioambiental. Esta nova folla de ruta para a vindeira década enmárcase na políticas europeas para incrementar o despregamento de tecnoloxías dixitais clave a gran escala e promover a súa adopción para que os beneficios da transformación dixital cheguen a todo o mundo. Metodoloxía Para a elaboración da Estratexia Galicia 2030 establécese a metodoloxía de elaboración derivada do Centro Común de Investigacións da UE, contando con paneis de profesionais non soamente tecnolóxicos, senón tamén do ámbito do dereito, a economía e as humanidades.

Estas achegas multidisciplinares serán de especial relevancia á hora de facer fronte ás cuestións éticas, xurídicas, e económicas derivadas dos novos modelos sociais e económicos vinculados á Intelixencia artificial, ao tratamento dos datos, ás adiccións, aos ciberdelitos ou o futuro do emprego…entre outrasAdemais, constituirase unha comisión permanente de expertos que participen tanto nas funcións de vixilancia tecnolóxica como de análise do impacto das diferentes liñas de acción da transformación dixital en Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre