Inicio Galicia Os programas de atención social da Secretaría Xeral da Emigración chegaron a...

Os programas de atención social da Secretaría Xeral da Emigración chegaron a máis de 30.000 galegos no exterior durante o 2019

0

O departamento autonómico investiu case 4 millóns nesta área na que destacan as máis de 8.000 axudas económicas individuais concedidas entre beneficiarios de Arxentina, Uruguai, Brasil, Cuba e Venezuela O programa de medicamentos en Venezuela permite que poidan acceder a este servizo aos 35.000 galegos do país


Santiago, 26 de xaneiro de 2020.- A Secretaría Xeral da Emigración chegou, a través dos diferentes programas de atención social, investiu 4M€ chegando a máis de 30.000 galegos do exterior na procura de mellorar a súa situación, especialmente naqueles países cunha maior inestabilidade.

Neste sentido, e no tocante ás actuacións relativas ás políticas socias, cómpre salientar o programa de axudas económicas individuais, co que a Secretaría axudou a máis de 8.000 familias do exterior durante o 2019. Estas axudas contan con beneficiarios de Arxentina, Uruguai, Brasil, Cuba e Venezuela. Así mesmo, achegáronse outras 27 de emerxencia social, na súa maioría en Venezuela.

Ademais cabe engadir as campañas de entregas de medicamentos, promovidas polo Goberno galego en colaboración coas entidades galegas de Venezuela. Cunha contía de 149.000 euros, permítese acceder a este servizo aos 35.000 galegos alí residentes. As oficinas de atención social dos centros galegos, así como profesionais médicos, prestan apoio aos interesados en recibir axuda, tanto á hora de completar os trámites legais como á de recibir asesoramento en materia sanitaria.

Deste xeito facilítase o acceso a medicamentos para o tratamento de enfermidades crónicas ou patoloxías que revistan gravidade e requiran un sistema de distribución en modalidade de monodose, sempre e cando se acredite a carencia de medios económicos para acceder á súa compra.

Finalmente, e como terceira liña de axuda en políticas sociais os residentes no exterior, Emigración colaborou coas distintas entidades para a prestación de servizos sociais, chegando a máis de 21.000 galegos. Trátase de servizos de asistencia social e sanitaria en países de Iberoamérica (Venezuela, Arxentina, Uruguai, Brasil e Cuba) que teñen por finalidade garantir as mellores condicións posibles de vida para os maiores con orixe galega e que, por razóns económicas ou de outra índole, necesitan atención neses centros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre