Inicio Galicia Os premios Martín Códax da música entréganse en Pontevedra o 9 de...

Os premios Martín Códax da música entréganse en Pontevedra o 9 de maio nunha gala conducida por Carlos Blanco e Luis Davila

0

A Agadic apoia a quinta edición destes galardóns convocados por Músicos ao Vivo e ao que este ano concorren 449 proxectos en 15 categorías

Os V Premios Martín Códax da Música entregaranse o vindeiro 9 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra durante unha gala que conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e que será conducida polo actor Carlos Blanco e mais polo humorista gráfico Luis Davila. Ese día desvelaranse os galardoados nas quince categorías convocadas, un palmarés do que xa forman parte os baixistas Pepe Bordallo e Quique Alvarado, anunciados hoxe como premios honoríficos deste ano.

Así se deu a coñecer esta mañá en rolda de prensa por Ramón Bermejo, voceiro Músicos ao Vivo, a entidade organizadora, nun acto no que tamén participaron o director da Agadic, Jacobo Sutil, a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carmen Fouces, o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, e representantes das Bodegas Martín Códax, empresa patrocinadora do evento.

Na súa intervención, o director da Agadic situou o apoio da Xunta de Galicia á organización destes premios como peza fundamental para incentivar a creatividade e a profesionalidade no sector musical. Recoñeceu tamén o valor que están a acadar estes galardóns, no sentido de que "prestan á cidadanía un instrumento de difusión moi relevante para un maior coñecemento de todos os estilos, variedades e calidades da música galega de hoxe en día", asegurou.

Leer más:  David Regades vuelve a jurar como delegado de la Zona Franca de Vigo después de ocho meses en el Congreso

Neste sentido, Jacobo Sutil valorou de xeito moi positivo a cifra de 449 presentados ás 15 categorías da convocatoria deste ano. "Falamos dunha riqueza —dixo— á que lle cómpre dar visibilidade social, e non só como sector artístico, senón tamén como sector produtivo, tarefa indispensable para a consolidación do papel da música como un dos principais motores das nosas industrias culturais".

Un xurado profesional decidirá quen dos tres finalistas de cada categoría recibirá os Melómanos, as estatuíñas de madeira creadas polo escultor Víctor Lorenzo como figuras oficiais dos Martín Códax. En total, entregaranse 57 premios a proxectos musicais galegos no transcurso da gala do 9 de maio. 


- Te recomendamos -