Inicio Galicia Os Premios do Comercio Galego poñen en valor a calidade e a...

Os Premios do Comercio Galego poñen en valor a calidade e a innovación no sector

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa unha nova edición desta iniciativa, cuxo prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 13 de outubro


A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca unha nova edición dos Premios do Comercio Galego, cos que se busca poñer en valor as boas prácticas e a aposta pola calidade e a innovación no sector.

Os galardóns, que se publicaron esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG) e cuxo prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 13 de outubro, contan cunha dotación total de 12.500 euros e divídense en tres categorías. Así, o Premio Comercio de Galicia está dotado cunha contía de 3.000 euros; o Premio Comercio Provincial, cunha contía de 2.000 euros por provincia; e o Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 1.500 euros.

Os premios do comercio galego distinguirán os establecementos, a nivel provincial e autonómico, que na súa xestión comercial executen accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto. Para iso, valorarase a transformación dixital, os servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web e as redes sociais como canles de comunicación e venda e a integración entre as canles on line e off line.

Leer más:  El próximo sábado el nuevo alcalde de A Estrada (Pontevedra) tomará posesión y el miércoles lo hará el de Guntín (Lugo)

No tocante ao Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, elixirase entre aquelas asociacións que poñan en práctica proxectos tecnolóxicos vinculados ao comercio que inclúan presenza na rede, utilización de novas tecnoloxías e que incrementen a fidelización e os servizos prestados aos clientes.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria aposta por un sector comercial forte e capaz de adaptarse ás novas tendencias. Neste sentido, o Plan de impulso ao comercio galego ten entre os seus principais retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe o cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición. 


- Te recomendamos -