Inicio Galicia Os Premios de Teatro María Casares volven contar co apoio da Xunta...

Os Premios de Teatro María Casares volven contar co apoio da Xunta para a organización da gala e das actividades paralelas

0


O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Nieves Rodríguez, asinaron este mediodía o convenio de colaboración a través do que a Xunta de Galicia mantén o seu apoio económico á organización de diferentes actividades vinculadas á convocatoria dos Premios de Teatro María Casares.

Esta vixésimo terceira edición dos galardóns terá o seu punto culminante na gala de entrega que se celebrará o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña, durante a que se desvelará o nome dos profesionais e proxectos premiados nas 14 categorías convocadas. Os finalistas daranse a coñecer o vindeiro 21 de febreiro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. A Agadic colaborará, así mesmo, cun programa promocional paralelo que busca recuperar e reivindicar a figura de María Casares a través de accións como o desenvolvemento dun roteiro coruñés sobre a actriz.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre