A continuación do procedemento publÃcase hoxe no DOG, que esta semana tamén anunciou os novos perÃodos de solicitude para as subvencións a creación escénica (ata o 4 de xuño) e a producións e coproducións audiovisuais (ata o 18 de xuño)
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a continuación do procedemento de concesión dos tres premios de literatura dramática da Xunta (XXV Ãlvaro Cunqueiro para textos teatrais, XI Manuel MarÃa de literatura dramática infantil e XIV Barriga Verde de textos para monicreques), asà como a ampliación do seu perÃodo de presentación de orixinais ata o 6 de xullo.
Retómase asà a tramitación desta convocatoria, segundo o acordo do Consello da Xunta do pasado 24 de abril para reactivar unha serie de procedementos de fomento considerados esenciais nos seus respectivos sectores e afectados pola suspensión de termos e prazos administrativos por mor do estado de alarma. Esta mesma semana o DOG anunciou, asà mesmo, o proseguimento e ampliación dos prazos noutras dúas liñas de apoio xestionadas pola ConsellerÃa de Cultura e Turismo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic): as subvencións a creación escénica ata o 4 de xuño e as dirixidas a producións e coproducións audiovisuais ata o 18 de xuño.
No caso concreto dos premios, a súa inclusión no devandito acordo de continuación responde á súa consideración de actividade de interese xeral e fundamental para o ámbito da literatura dramática contemporánea e para a lingua galega, tal e como se recolle no Plan de reactivación dos sectores cultural e turÃstico fronte aos efectos derivados da Covid-19.
Vixésimo quinto aniversarioCoa súa convocatoria de 2020, o Ãlvaro Cunqueiro conmemora ademais a súa vixésimo quinta edición aumentando a dotación económica ata 8000 euros, 2000 máis que nas anteriores entregas. Deste xeito, o que é o galardón literario máis lonxevo de todos os que se desenvolven no ámbito teatral galego converteuse tamén nun dos que contan cunha maior achega económica.
Canda el convocáronse tamén o XI Manuel MarÃa de literatura dramática infantil e as dúas modalidades do XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (infantil e adulto), con 6000 euros en cada caso, de xeito que os tres certames suman unha achega económica de 26.000 euros.
Estes galardóns, de periodicidade bienal, comparten como obxectivo servir de estÃmulo á creación literaria no eido dramático, asà como procurar o seu maior recoñecemento e proxección social. Neste sentido, ademais das devanditas contÃas económicas, as bases contemplan a posibilidade de que as obras gañadoras sexan publicadas dentro das coleccións de literatura dramática que a Xunta mantén en colaboración con varias editoriais galegas.
Poden optar a eles aquelas persoas fÃsicas maiores de idade que presenten textos teatrais inéditos, escritos en galego normativo e non representados nin premiados noutros certames. Nos tres casos, o tema e a extensión poderán ser libres, aÃnda que se deberá ter en conta o principio de duración normal dun espectáculo teatral. No Ãlvaro Cunqueiro e no Manuel MarÃa, quedarán excluÃdos os textos para teatro de monicreques. Para a avaliación de todos os textos recibidos ata o 6 de xullo, preferiblemente por vÃa electrónica a través do portal https://sede.xunta.gal, constituirase un xurado formado por seis persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e escénico. Para emitir o seu ditame, valorarán aspectos relacionados coas calidades literaria e dramática, a viabilidade escénica, a adecuación a cada premio e o coidado da lingua.
Na anterior edición, os premios Ãlvaro Cunqueiro e Manuel MarÃa recaeron en Ãs oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, e Somos os monstros, de Paula Carballeira, respectivamente, mentres que o Barriga Verde foi declarado deserto nas súas dúas modalidades. Ambos os textos foron publicados na colección Biblioteca Dramática Galega, que manteñen a Xunta de Galicia e Edicións Xerais, e poden adquirirse tanto na LibrarÃa Institucional da Xunta de Galicia como en establecementos fÃsicos.