Inicio Galicia Os portos deportivos coruñeses apostan polas certificacións de calidade como posicionamento no...

Os portos deportivos coruñeses apostan polas certificacións de calidade como posicionamento no mercado náutico

0

Os portos da provincia ostentan actualmente 18 distintivos pertencentes a catro galardóns especializados: Bandeira Azul, Q de Calidade, ISO 14001, EMAS

Os xestores de instalacións náutico recreativas e portos deportivos da provincia da Coruña apostan polas certificacións de calidade como posicionamento propio no mercado náutico. Así o trasladou o presidente de Portos de Galicia, o organismo que coordina o conxunto destas instalacións, José Juan Durán, nunha rolda de prensa celebrada esta mañá na Coruña.

Durán Hermida deu conta das últimas accións desenvolvidas polo organismo portuario para potenciar o sector náutico recreativo, en concreto a ampliación do actual Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020 ao horizonte 2020-2028. Nesta ampliación da folla de ruta para o sector recóllese como liña de traballo estratéxica a obtención de distintivos de calidade que fagan os portos galegos máis atractivos e adaptados ás necesidades dos navegantes nacionais e internacionais.

A este respecto subliñou a repercusión que está a ter na provincia da Coruña esta aposta polas certificacións de calidade que a administración e os xestores portuarios veñen mantendo nos últimos anos. Así, a día de hoxe os 20 portos da provincia contan con 18 galardóns, pertencentes a cinco certificacións de calidade. Delas, oito son Bandeiras Azuis (de 18 en Galicia), seis Q de Calidade (de 14 en Galicia e 22 en toda España), dúas ISO 14001 (de cinco en Galicia), e dúas EMAS (de tres en Galicia).

Ademais de dar conta dos distintivos xa existentes nos peiraos coruñeses, o presidente de Portos de Galicia informou da difusión que o ente público está a realizar dun novo distintivo de alto recoñecemento no mercado náutico anglosaxón: a Gold Anchor (ancla de ouro). Durán Hermida explicou que Portos de Galicia levou a cabo no pasado mes unha reunión informativa para os clubs e marinas galegos coa asociación británica TYHA, impulsora do galardón, na que varios xestores de portos coruñeses mostraron o seu interese por optar a esta nova certificación.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre