Inicio Galicia Os patróns e vicepatróns das confrarías de pescadores das provincias de Pontevedra...

Os patróns e vicepatróns das confrarías de pescadores das provincias de Pontevedra e de Lugo elixen mañá os órganos de goberno das federacións provinciais

0

As federacións provinciais celebrarán o primeiro pleno da súa xunta xeral e nel escollerase o presidente, vicepresidentes 1º e 2º e os membros do comité executivo

Os 28 patróns maiores e outros tantos vicepatróns maiores das confrarías de pescadores das provincias de Pontevedra e de Lugo están chamados a elixir mañá venres, 9 de novembro, os órganos de goberno das federacións provinciais de confrarías de pescadores de Pontevedra e de Lugo.

Así, as federación de confrarías de pescadores de Pontevedra e de Lugo celebrarán mañá o primeiro pleno da súa xunta xeral e neste acto serán elixidos o presidente, vicepresidentes 1º e 2º e os membros do comité executivo, de conformidade coa regulación contida nos seus estatutos. Os da federación de Pontevedra farano a partir das 17:30 horas e os da federación de Lugo a partir das 19:30 horas.

Os diferentes candidatos presentarán, no mesmo acto, as súas candidaturas ao pleno da xunta xeral e disporán dun tempo para a súa defensa. Presentadas a totalidade das candidaturas, iniciarase o proceso de votación, que será único, persoal, directo e segredo.

Leer más:  El PSdeG, con Besteiro ya proclamado secretario xeral, mueve su congreso del sábado 27 al domingo 28 de abril

Os candidatos con maior número de votos serán proclamados presidentes das federacións provinciais. Nunha nova votación elixiranse os vicepresidentes 1º e 2º e nunha terceira votación escolleranse os representantes no comité executivo das federacións provinciais. Por último, elixiranse os tres vogais que representarán ás federacións provinciais no comité executivo da Federación Galega de Confrarías, sempre respectando a paridade entre os colectivos de traballadores e empresarios.

A continuación, e segundo o calendario do proceso electoral nas federacións provincias e na Federación Galega, iniciarase o preceptivo proceso de proclamación dos órganos reitores das federacións e a súa toma de posesión. Nun prazo máximo dos dez días seguintes á designación dos vogais do comité executivo, a secretaria da Federación Galega de Confrarías de Pescadores convocará a xunta xeral. Nesta convocatoria procederase á elección do/a presidente/a da Federación Galega de Confrarías de Pescadores. Unha vez completados os correspondentes prazos de presentación e resolución de recursos, será a toma de posesión dos órganos de goberno nos seus cargos.

Non obstante, está previsto que o vindeiro 24 de novembro a Federación Galega de Confrarías celebre o pleno no que se procederá á elección dos seus órganos de goberno e que tomen posesión dos seus cargos o vindeiro 5 de decembro.

Leer más:  El BNG concurrirá en el tercer puesto a las europeas en "coalición técnica" con Bildu, ERC y Ara Més

- Te recomendamos -