As contas autonómicas de 2021 tamén recollen investimentos por preto de 6,3 millóns de euros para as demais actuacións de saneamento e depuración en Cabanas e Pontedeume
Os Orzamentos da Xunta para 2021 reservan unha partida de 400.000 euros para a licitación das obras da depuradora de Ber, en Pontedeume, coa fin de completar a mellora do sistema de saneamento da rÃa.
Ademais da partida necesaria para licitar a depuradora de Ber, os Orzamentos da Xunta do vindeiro ano tamén recollen preto de 6,3 millóns de euros para as actuacións de mellora do sistema de depuración en Cabanas e Pontedeume e case 1 M€ máis para culminar as obras de saneamento na Malata, en Ferrol, avanzando no saneamento integral das rÃas.
Asà o avanzou a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, que hoxe supervisou a posta en funcionamento da modernización da potabilizadora, acometida pola Xunta no marco da emerxencia declarada sobre a situación do rÃo Eume e o abastecemento do municipio.
A Xunta achega un investimento de 1,5 millóns de euros á emerxencia do rÃo Eume e ao abastecemento de Pontedeume, destinando a maior parte dese orzamento á modernización desta potabilizadora municipal.
A intervención, que tivo un prazo de execución de tres semanas e que xa está rematada e en funcionamento, finalizará o perÃodo de probas correspondente, de dúas semanas, o vindeiro 29 de novembro. A partir desa data a instalación estará funcionando a pleno rendemento coa fin de garantir a auga, en cantidade e calidade, nas próximas décadas nesta contorna.
As obras consistiron na instalación, na estación de tratamento de auga potable municipal, dunha cámara de mestura, previa ao actual tratamento, para optimizar os equipos da planta municipal.
Adaptouse a liña do proceso de potabilización e implementouse definitivamente no mesmo un tratamento fÃsico-quÃmico provisto de tecnoloxÃa de medición e control analÃtico que permita a súa operación de xeito automático para garantir a calidade da auga tratada.
Máis concretamente, a nova liña de tratamento instalada conta cunha capacidade de produción de 240 m³/h, provista de tecnoloxÃa de medición de parámetros de calidade, automatizada e integrada coa liña da antiga ETAP, de xeito que ambas as liñas de tratamento (antiga e nova) poidan complementarse en función da calidade da auga que deban tratar.
A nova liña executada consta dun tratamento fÃsico-quÃmico e está provista de seis cámaras, dúas de homoxenizacion, dúas de coagulación ou mestura rápida e dúas cámaras de floculación ou mestura lenta. Resultado deste tratamento formaranse agregados de partÃculas en suspensión de maior tamaño e peso que faciliten a súa decantación no antigo decantador.
Este tratamento está conectado a un novo que se deseña a medida para ETAP, permitindo a operación do proceso quÃmico de modo automático e remoto a través das medicións de PH e turbidez que realizan as novas sondas analÃticas instaladas, que actúan sobre a cantidade de reactivo quÃmico a dosificar por parte das novas bombas dosificadoras. O tratamento complétase coa instalación dun depósito de auga decantada de 80 m³ de capacidade que alimenta á nova liña de filtración tamén de 240 m³/h de capacidade, provista de 3 baterÃas de filtros a presión coas respectivas conexións hidráulicas, manómetros e electroválvulas que regulan o seu funcionamento a través do novo autómata.
A actuación complétase coa correspondente conexión hidráulica das novas etapas executadas, a execución dun novo cadro eléctrico de control e manobra, a integración da liña de tratamento antiga na nova e, por último, coa integración no novo cerebro de operación da estación de bombeo do rÃo Eume, na que se instalan sondas de medición en continuo de turbidez e PH que permitan anticiparse a empeoramentos da calidade da auga captada.
A Xunta estudou varias alternativas, das que actuar na potabilizadora resultou ser a medida máis eficiente, rápida e eficaz para restablecer os parámetros da auga.
Cómpre lembrar que de xeito previo a esta intervención na ETP, Augas de Galicia adoptou medidas inmediatas como a instalación de barreiras anticontaminación ou dun tratamento fÃsico-quÃmico provisional para estabilizar a planta.
O Executivo autonómico actuou con axilidade e contundencia, apoiando ao Concello desde o primeiro momento, coa activación das actuacións necesarias, tanto no rÃo como na potabilizadora.