Inicio Galicia Os novos contratos do servizo de transporte da Xunta permitirán adecuar os...

Os novos contratos do servizo de transporte da Xunta permitirán adecuar os horarios das rutas dos alumnos dos institutos de Xinzo de Limia

0

Os estudantes dos IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela verán corrixidos os desaxustes actuais nas expedicións de volta dos servizos de mediodía dos luns

Os novos contratos de transporte de autobús da Xunta permitirán adecuar os horarios das rutas dos alumnos dos institutos de Xinzo de Limia, tal e como recolle o proxecto elaborado polo departamento de Mobilidade da Xunta, tal e como se prevé nas condicións deste servizo licitado pola Dirección xeral de Mobilidade.

A consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorpora a petición trasladada polas Asociacións de Nais e Pais de Alumnos durante o período de participación pública do Plan de Transporte Público de Galicia. Deste xeito os alumnos dos IES Cidade de Antioquía e o IES Lagoa de Antela vexan corrixidos os desaxustes actuais nas expedicións de volta dos servizos de mediodía dos luns, que neste momento chegan ao centro escolar con bastante antelación ao inicio das clases da tarde.

Esta circunstancia non puido modificarse no presente contrato, que integrou as rutas de transporte escolar actuais dos centros educativos, polo que a problemática quedará solucionada no mesmo momento en que se adxudique e entre en servizo o novo servizo de transporte de autobúsDoutra parte, o departamento que dirixe Ethel Vázquez ten rematado outras actuacións de interese neste concello, entre elas a da mellora do sistema de depuración no núcleo de Morgade, para o que Augas de Galicia redactou un proxecto cun investimento autonómico de máis de 13.000 euros. A Xunta ten concluído este proxecto e remitiuno a semana pasada ao ConcelloO documento detalla as deficiencias detectadas no sistema, así como as actuacións necesarias para solucionar esta problemática.

Actualmente o núcleo de Morgade conta con rede de saneamento conectada a unha depuradora e algunhas vivendas, por problemas de cota, verten a unha fosa séptica situada na zona oeste do pobo.

O Goberno galego vén prestando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre