Inicio Galicia Os gardacostas requisan preto de 10.000 metros de aparellos de enmalle e...

Os gardacostas requisan preto de 10.000 metros de aparellos de enmalle e case 235 quilos de peixe e marisco en distintos controis contra o furtivismo

0

Os axentes da Xunta tamén incautaron 119 artes de pesca nos últimos días

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron case 10.000 metros de aparellos de enmalle , case 235 quilos de peixe e marisco e 119 artes de pesca en diferentes controis realizados nos últimos días polo litoral de Galicia.

A ría de Arousa foi a zona na que se rexistraron máis comisos. Na zona norte da ría os axentes requisaron máis de 91 quilos de peixe e marisco, 53 aparellos de pesca e 4.500 metros de artes de enmalle. Pola súa banda, na zona sur, os gardacostas comisaron 20 quilos de peixe e marisco, 250 metros de aparellos de enmalle e unha arte de pesca. O operativo máis destacado de ambas zonas desenvolveuse en Corrubedo, onde os gardacostas se fixeron cos 4.500 metros de aparellos de enmalle, con 32 quilos de peixe variado e con 26 quilos de centola. Ademais, na ría de Vigo, os axentes incautaron 100 metros de trasmallos e un quilo de choco por carecer de identificación.

Leer más:  Detenidas cuatro personas en A Guarda (Pontevedra) por robar libretas bancarias y 10.000 euros

A Costa da Morte tamén foi escenario de distintos controis que se saldaron co comiso de máis de 15 quilos de peixe e marisco e coa incautación de 13 aparellos e 800 metros de artes de enmalle. Unha das actuacións máis destacadas foi en Corcubión, onde se requisaron 750 metros de aparellos de enmalle e un quilo de melgachos e outro de sanmartiños.

Por outra banda, na ría da Coruña, os axentes comisaron case 33 quilos de peixe e marisco e incautaron 17 útiles. A maioría do produto comisado foi nun control na zona de Santa Cruz no que os axentes incautaron 16 nasas sen identificar e comisaron máis de sete quilos de nécora e máis de oito de centola.

Na ría de Muros e Noia, as actuacións realizadas polos gardacostas saldáronse co comiso de máis de 74 quilos de marisco e peixe e coa incautación de 35 útiles e de 3.850 metros de aparellos de enmalle. A operación máis importante resultou co comiso dos 3.850 metros de aparellos de enmalle, de 28 quilos de peixe variado e oito quilos de boi. 

Leer más:  El gobierno de Lugo defiende que los recursos del incendio en O Ceao fueron "suficientes", aunque "todo es mejorable"

- Te recomendamos -