Inicio Galicia Os gandeiros de Santiso recibiron máis dun millón de euros da PAC...

Os gandeiros de Santiso recibiron máis dun millón de euros da PAC 2017, o que equivale a máis do 40% do orzamento municipal

0

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe unha explotación deste municipio cun importante peso gandeiro

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o municipio de Santiso, un concello con gran vocación gandeira. Proba diso é que os pagos da PAC que perciben os seus veciños representan máis do 40% do orzamento municipal. En concreto, no 2017 os seus gandeiros e agricultores recibiron máis dun millón de euros correspondentes coa PAC, repartido entre 181 solicitudes.“Isto é unha mostra do importante que son os fondos europeos para o noso territorio e por iso traballaremos por manter o orzamento comunitario da PAC 2020”, sinalou a conselleira. Fíxoo durante unha visita á explotación de vacún de leite Loureiro Varela, unha cooperativa de dous socios que contou con achegas da Consellería do Medio Rural en varias ocasións, a última en 2017 cando foi beneficiaría de axudas pola incorporación dunha moza e por un plan de mellora que pretendía modernizar a explotación. En concreto, comprarán unha muxidora e unha encamadora, ademais de construír unha fosa e un almacén para facer máis competitiva a granxa. En total recibirán máis de 70.000 euros destas axudas cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). Neste sentido a conselleira destacou a aposta dos gandeiros galegos por expandir as súas explotacións e facelas rendibles a través da incorporación de membros, sobre todo novos e mulleres, e por mellorar a as súas infraestruturas, moitas veces a través da fusión con outras granxas para así reducir os custos. “Deste xeito garántese a viabilidade fronte esas pequenas explotacións sen relevo xeracional”, indicou a titular de Medio Rural.

Leer más:  Este miércoles en Vigo se está llevando a cabo el juicio de dos personas acusadas de defraudar más de 80.000 euros mediante la venta de equipos médicos

SolidariedadeDurante a súa visita, Ángeles Vázquez agradeceu a actitude destes empresarios, xa que traballan por mellorar e manter ao día o seu proxecto. Ademais, destacou especialmente a súa solidariedade xa que trala vaga de lumes de outubro os titulares desta explotación xunto a outros gandeiros de Santiso doaron palla a compañeiros que o precisaban.“Se por algo se distingue o rural galego é pola solidariedade e demostrouse o pasado ano cando gandeiros de distintos lugares que non se coñecían entre si axudáronse”, declarou a conselleira e puxo de exemplo o caso de Santiso, onde un grupo de veciños uníronse e enviaron silo e herba seca a outros lugares de Galicia. “Fixeron un esforzo á súa costa para que non perigaran outras explotacións e hai que poñer en valor esta solidariedade”, insistiu.

A gandaría Loureiro Varela é unha explotación de dous socios cun censo de 88 bovinos, 56 maiores de 24 meses, 24 con idade entre seis e 24 meses e oito menores de seis meses. Son membros da Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira Galicia centro, o que implica maiores garantías e esixencias para o seu produto.  

Leer más:  Los incendios forestales de Barreiros y Rois, que ya han quemado casi 120 hectáreas entre ambos, han sido controlados

- Te recomendamos -