Inicio Galicia Os galegos reciclaron máis de 43.000 toneladas de vidro en 2017, un...

Os galegos reciclaron máis de 43.000 toneladas de vidro en 2017, un 5,5 por cento máis que no ano anterior

0

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático sinala que cada galego depositou no contedor verde 16,1 kg deste material, o maior incremento en 5 anos

Ao longo de 2017 os galegos reciclaron máis de 43.000 toneladas de vidro, un aumento do 5,5 por centro respecto ao ano anterior. Este dato supón o maior incremento da recollida selectiva a través do contedor verde dos últimos cinco anos e sitúa a Galicia xa na media española e nunha boa posición respecto á europea.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira Costa, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, salientaron este esforzo do conxunto da sociedade galega durante unha rolda de prensa na que ofreceron cifras de reciclaxe deste material na totalidade da comunidade.

Ferreira Costa salientou que cada galego reciclou 16,1 kg de residuos de envases de vidro, un quilo más que no ano anterior, cando a media se situou por riba dos 15 quilos. En canto aos resultados por provincias, nas catro detectouse un incremento respecto dos datos de 2016, sendo un ano máis a provincia da Coruña a única que supera a media galega e a que máis recicla, cun promedio de 17,1 kg/hab, seguida da de Pontevedra, con 15,8 kg/hab, Ourense, con 14,7 kg/hab e Lugo, con 14,4 kg/hab.

Galicia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre