Inicio Galicia Os galegos realizaron preto de medio millón de trámites online coa Xunta...

Os galegos realizaron preto de medio millón de trámites online coa Xunta durante o estado de alarma

0

O proceso de dixitalización en marcha e o reforzo das infraestruturas tecnolóxicas facilitaron relación telemática dos cidadáns e a dispoñibilidade dos servizos dixitais


Durante o estado de alarma as canles electrónicas foron a única vía de comunicación coa administración autonómica e durante esas 12 semanas os galegos realizaron máis de 478.000 xestións online coa Xunta, máis do dobre que no mesmo período de 2019. A dispoñibilidade da sede electrónica e as oficinas virtuais foi chave para garantir a relación telemática dos cidadáns coa Administración e a xestión dos trámites abertos durante ese período, como a presentación de ERTE, a presentación de escritos ou a solicitude de axudas para libros de texto ou o recoñecemento á dependencia.

O proceso de dixitalización no que está inmersa a Administración autonómica e o Plan de continxencia tecnolóxica que se puxo en marcha permitiu garantir o funcionamento dos servizos dixitais e a relación telemática dos cidadáns coa Administración durante a crise do coronavirus.

Unha das primeiras medidas foi a activación das conexións remotas para poder traballar a distancia e que permitiu que máis de 11.000 empregados públicos da Administración xeral autonómica puideran desenvolver a súa actividade desde o fogar. So nos primeiros quince días do estado de alarma a Xunta multiplicou por dez o número destas conexións ao escritorio remoto, que permiten, tamén, o acceso as plataformas de tramitación electrónica de expedientes coas que conta Administración autonómica.

Videoconferencias, sinatura electrónicaAdemais das plataformas existentes, para facilitar o traballo non presencial a Xunta puxo a disposición dos empregados públicos outros servizos dixitais como o de videoconferencia, que permitiu preto de 370.000 comunicacións tanto no ámbito da Administración xeral autonómica, como no de xustiza e de educación, que aglutinou a maioría das comunicacións.

Desde a entrada en vigor da situación de emerxencia sanitaria en Galicia boa parte ferramentas que posibilitan a tramitación electrónica de expedientes experimentaron un incremento de uso.

As plataformas para a sinatura dixital permitiron a rúbrica electrónica de máis 1,4 millóns de documentos e o volume de correos electrónicos superou os 59 millóns de envíos. Ademais, desde a Administración autonómica enviáronse preto de 190.000 notificacións electrónicas durante o estado de alarma.

Ademais os Centros Atención ao Usuario para os empregados públicos ampliaron o seu horario para ofrecer soporte telemático ante dúbidas ou incidencias.

Como apoio complementario a Xunta publicou unha guía específica sobre o teletraballo para empregados públicos, dispoñible no portal corporativo e na intranet, na que poden atopar información sobre ferramentas, necesidades e tecnoloxías que posibilitan o traballo en remoto.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre