Inicio Galicia Os Escolares do CEIP de Arzúa participaron hoxe na campaña de seguridade...

Os Escolares do CEIP de Arzúa participaron hoxe na campaña de seguridade viaria ?O corazón está do teu lado? que fomenta hábitos responsables nas estradas entre os máis pequenos

0

A Consellería de Infraestruturas, en colaboración coa de Educación, ten en marcha esta campaña dirixida a cativos de 6 a 12 anos, que entre o pasado curso e o presente chegará a 40 colexios


Os escolares do CEIP de Arzúa participaron ao longo desta mañá nas actividades da campaña da Xunta ‘O corazón está do teu lado’, que ten como obxectivo fomentar hábitos responsables nas estradas entre os escolares.

Os rapaces de primaria do CEIP de Arzúa dispuxeron coas unidades didácticas coas que traballarán ao longo do curso para sensibilizarse da relevancia da seguridade viaria e do respecto ás normas de circulación.

Esta iniciativa esta a levarse a cabo este curso en 20 novos colexios da comunidade, dándolle así continuidade a esta actividade formativa que se vén desenvolvendo nos últimos anos.

A campaña vai dirixida a nenos de 6 a 12 anos, prevéndose que entre o pasado curso e o presente sensibilice aos nenos duns 40 centros escolares.

A semana pasada esta campaña comezaba no CEIP de Rodeiro e o luns facíao no CEIP de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa. Nas vindeiras semanas a actividade realizarase nos seguintes colexios: Montemogos, en Bueu; Amor Ruibal, en Barro; Manuel Padín, en Soutomaior; Virxe da Saleta, en Cea; O Ruxidoiro, en Barbadás; Curros Enríquez, en Celanova; Nosa Señora de Xuvencos, en Boborás; Padre Feijóo, en Allariz; O Coto, en Negreira; Alejandro Rodríguez Cadarso, en Noia; O Cruce, en Cerceda; Praia Xardín, en Boiro; Monterroso; Castro Verde; Friol; A Gándara, en Monforte; ou Pantón.

Este programa, incluído dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, ten como obxectivo explicar e ensinar aos máis cativos a marxe da estrada pola que deben camiñar, sempre pola esquerda, polo lado do corazón.

Os cativos, a través do material co que traballan co profesorado, aprenden a importancia de empregar as sendas peonís, camiñar polo lado do corazón, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía.

A campaña busca, en definitiva, que os máis novos se preocupen pola súa propia seguridade viaria e contribúan, deste xeito, tamén á seguridade dos demais. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre