Inicio Galicia Os empregados públicos da Xunta experimentarán unha suba salarial media do 4,5%,...

Os empregados públicos da Xunta experimentarán unha suba salarial media do 4,5%, como resultado do 2% de suba xeral e das melloras resultantes dos acordos sectoriais

0

Feijóo lembra que son máis de 100.000 as familias que se beneficiarán da suba salarial xeral na nómina deste mes de febreiro

O presidente do Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que os empregados públicos da Administración autonómica experimentarán este ano unha suba salarial media do 4,5% como resultado do incremento salarial xeral do 2%, que se aplicará na vindeira nómina deste mes de febreiro, e das retribucións pactadas nos distintos acordos sindicais. Son preto de 1.745 euros anuais máis de media respecto a 2019.

Ao respecto da suba xeral, Feijóo explicou que a Xunta aplica esta suba retributiva do 2% coa máxima axilidade posible e na primeira nómina na que se ten autorización para facelo. Ningunha administración en España, sinalou, puido aplicar na nómina de xaneiro este incremento adicional porque o Goberno central non tiña aprobada a correspondente habilitación legal.

Ademais, quixo puntualizar que a dita suba salarial, que terá efectos desde o 1 de xaneiro, beneficiará ao conxunto dos empregados públicos da Xunta e ao persoal das tres universidades públicas e do ensino concertado, “máis de 100.000 familias”, abundou. En relación ao impacto económico que terá esta medida, Feijóo sinalou que o incremento retributivo medio será duns 775 euros por traballador respecto do seu salario do ano 2019.

Ao fío disto, recordou que este incremento xeral forma parte do acordo asinado entre os sindicatos e o Goberno de Mariano Rajoy no ano 2018, e que a Xunta xa incorporou no Acordo de Concertación Social asinado en xaneiro de 2019 cos sindicatos UXT e CC.

OO de Galicia.

Por outra banda, Feijóo tamén lembrou que os funcionarios da Xunta xa puideron percibir na nómina do pasado mes de xaneiro outras melloras salariais nas carreiras profesionais do Sergas e da Administración xeral, nas nóminas de todo o persoal docente, da Xustiza, dos axentes forestais e medioambientais, así como do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Neste caso cunha suba retributiva media do 2,5%, indicou.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre