Inicio Galicia Os distintos espazos do CGAC transfórmanse para homenaxear a traxectoria de La...

Os distintos espazos do CGAC transfórmanse para homenaxear a traxectoria de La Ribot coa inauguración de ?Manual de uso'

0

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, presentou este proxecto que conecta a arquitectura de Siza co traballo da coreógrafa, bailarina e artista visual

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a mostra Manuel de uso, un proxecto no que se recolle a traxectoria artística de La Ribot e que se enmarca no festival de artes performativas Plataforma que se celebra en Santiago de Compostela desde o pasado día 10 co apoio da Xunta de Galicia.

Durante o acto de presentación, o secretario xeral de Cultura salientou a traxectoria artística de La Ribot e celebrou que se leven a cabo iniciativas como esta que serven para poñer en valor o seu traballo a través dos distintos espazos do museo, desde a entrada ata o salón de actos, pasando polo vestíbulo e o soto, mentres se establece un diálogo coa arquitectura de Álvaro Siza. Neste contexto, Anxo M. Lorenzo precisou que na exposición se intúe a pegada que en distintos soportes –fotografías, vídeos, instalacións ou documentos– van deixando as súas pezas coreográficas, “aínda sabendo que nada substitúe a experiencia de ver a La Ribot en vivo”, engadiu.

Comisariada por Iñaki Martínez Antelo e visitable ata febreiro de 2020, a mostra inaugurada hoxe supón unha unión compacta da danza coas artes visuais movéndose entre os teatros, auditorios, salas de exposicións, museos e feiras de arte.

Premio Nacional de Danza e Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas ArtesLa Ribot é coreógrafa, bailarina e artista visual. Actualmente vive e traballa en Xenebra e as súas obras presentáronse tanto en museos e galerías de arte como en teatros, desde a Tate Modern de Londres, ao MNCARS de Madrid, o Centre Pompidou ou o Théâtre de la Ville de París.

No ano 2000 foi galardoada co Premio Nacional de Danza e coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 2015, recoñecementos, ambos, outorgados polo Ministerio de Cultura. Máis recentemente recibiu o Gran Premio Suízo da Danza en 2010 e o León de Ouro na Bienal de Venecia de Danza deste ano.

Como complemento a esta exposición, o mércores 26 de novembro terá lugar a performance Pièce distinguée n.° 45, que se presentará no vestíbulo do CGAC, interpretada por La Ribot e o actor Juan Loriente. Neste contexto tamén se editará un libro con imaxes da exposición e doutras obras da artista.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre