Inicio Galicia Os demandantes de emprego poden anotarse ata o luns nas lanzadeiras coas...

Os demandantes de emprego poden anotarse ata o luns nas lanzadeiras coas que a Xunta impulsa a procura dun traballo

0
image_gallery.jpg

O programa promovido pola Xunta e as fundacións Santa María la Real e de Telefónica comeza este mes na Coruña, Carballo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo


O prazo para inscribirse nas lanzadeiras de emprego permanece aberto ata o próximo luns 9 de novembro. A Xunta, a Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica impulsan conxuntamente este programa que comezará este mes nas localidades da Coruña, Carballo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo para acompañar a persoas desempregadas na súa procura de emprego. O programa de orientación laboral é gratuíto e está aberto a participantes de entre 18 e 60 anos en situación de desemprego, con independencia do seu nivel de estudos e experiencia.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na web www.lanzaderasconectaempleo.es ou nas oficinas de emprego desas localidades con cita previa que se debe solicitar mediante o teléfono 012 ou en https://emprego.xunta.gal/portal/gl/ e https://emprego.xunta.es/citaprevia/.

O obxectivo desta iniciativa é guiar a persoas en situación de desemprego para reactivar a súa procura de traballo mediante a formación en novas técnicas e ferramentas, co fin de que reforcen as súas competencias transversais e dixitais, para adaptalas ás demandas do mercado laboral.

As lanzadeiras comezarán a funcionar a finais de novembro e estarán operativas ata finais de abril de 2021. Están abertas a persoas en situación de paro ou desemprego, con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos. Poden ter calquera nivel de estudos e proceder de sectores profesionais diferentes e ter ou non experiencia previa.

O programa está deseñado en formato mixto, co que os participantes asistirán a sesións virtuais e presenciais, con todas as medidas de seguridade, hixiene e distancia social. Durante a formación contarán co apoio e o asesoramento de técnicos especializados que lles aportarán competencias para realizar un itinerario integral de procura de emprego, actualización de currículo, simulación de entrevistas de traballo e contacto con empresas.

En edicións anteriores as lanzadeiras de emprego conseguiron un 60% de media de inserción laboral, obxectivo último da iniciativa encamiñada a mellorar a empregabilidade dos beneficiarios.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre