Inicio Galicia Os contratos-programa chegan a 635 centros educativos, un 11% máis ca o...

Os contratos-programa chegan a 635 centros educativos, un 11% máis ca o curso pasado

0

A liña máis demandada é REFÓRZA-T, seguida de CON-VIVE


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución definitiva dos centros seleccionados con contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar no ensino público en educación infantil, primaria e secundaria para o curso 2019. Serán en total 635 centros os que desenvolvan 2.326 accións nalgunha das 9 liñas de actuación dos contratos-programas.

O número de centros implicados increméntase deste xeito nun 11% fronte aos 571 participantes o curso pasado, que desenvolveron 1.622 accións. Aínda así, a Consellería atende todas as demandas de profesorado externo adicional para desenvolver estas iniciativas, contratando 520 profesores e profesoras.

Canto ao investimento, a Consellería destinou a estes contratos-programa máis de 5,2 millóns de euros. A resolución definitiva pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia.

A liña de actuación máis demandada é REFÓRZA-T. O número de centros por cada modalidade e o alumnado participante pode consultarse na seguinte táboa:

Liña ou modalidade

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre