Inicio Galicia Os colexios profesionais sanitarios asinan coa Consellería de Sanidade a adhesión á...

Os colexios profesionais sanitarios asinan coa Consellería de Sanidade a adhesión á campaña institucional 'Con Sentidiño' sobre medidas preventivas fronte ao coronavirus

0

Poñernos en contacto co centro de saúde e non saír da casa cando se ten febre, manter a distancia de seguridade ou usar máscara; e lavar as mans frecuentemente, son algúns algúns das recomendacións que cómpre ter sempre presentes


O Edificio Administrativo do Sergas acolleu hoxe unha reunión, por videoconferencia, con motivo da sinatura do documento de adhesión dos colexios profesionais sanitarios á campaña institucional de información Con Sentidiño, da Consellería de Sanidade, dirixida á poboación da nosa Comunidade, e que contén medidas preventivas e normas básicas que todos debemos coñecer e respectar para facer fronte á pandemia provocada pola covid-19.

O documento foi asinado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e os colexios profesionais de Médicos, Farmacéuticos e Enfermeiros das catro provincias galegas, os colexios profesionais de Galicia de Fisioterapeutas; de Logopedas; de Odontólogos e Estomatólogos; de Ópticos; de Podólogos; de Psicólogos; así como de Traballo Social.

Tal e como se recolle no documento hoxe asinado, todos temos a obriga de cumprir as normas e de contribuír á recuperación da normalización sanitaria, social e económica, xa que non podemos esquecer que somos susceptibles de infectarnos, de enfermar, e de transmitir a infección aos demais, con todas as consecuencias que xa vimos que implica.

Coidemos dos demais e de nós mesmosPara seguir a avanzar, hai que ter sempre presente, -subliña a campaña institucional-, que se temos febre, tos ou dificultade respiratoria, non debemos saír da casa, e poñernos en contacto co centro de saúde ou co 900 400 116. Ademais, os virus pódense transmitir en ausencia de síntomas, polo que todos debemos manter a distancia de seguridade de 2 metros e usar máscara cando isto non sexa posible.

Xunto ao anterior, se tosemos ou esbirramos e non levamos máscara, utilizaremos un pano desbotable ou o faremos sobre o cóbado flexionado. Así mesmo, lavaremos frecuentemente as mans con agua e xabón ou solución desinfectante, e evitaremos tocar a boca, o nariz e os ollos despois de estar en contacto con superficies potencialmente contaminadas.

Sexamos responsables e solidarios, coidemos dos demais e de nós mesmos e saiamos disto con sentidiño, posto que o máis importante agora é mellorar o xa acadado e, para iso, é imprescindible que todos e cada un sexamos responsables e solidarios, -remarca o documento asinado hoxe asinado-.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre