Inicio Galicia Os centros de servizos sociais terán que presentar por vía electrónica as...

Os centros de servizos sociais terán que presentar por vía electrónica as queixas dos usuarios para reducir os tempos de tramitación

0
image_gallery.jpg

Os centros deberán presentar as reclamacións de forma electrónica para que os servizos de inspección reciban a documentación inmediatamente


Os centros de servizos sociais terán que presentar por vía electrónica as queixas que os usuarios reflexan no seu libro de reclamacións para reducir os tempos de tramitación e resposta por parte dos servizos de inspección. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o Proxecto de orde que regulará estes trámites e que será agora sometido a información pública durante un prazo de quince días a partir de mañá.

O obxectivo é ofrecer un maior control e seguridade no procedemento e na documentación presentada. Ademais, tamén busca mellorar a información que teñen os cidadáns sobre as queixas que presentan ao almacenar as reclamacións na ‘carpeta cidadá’ da Sede electrónica. Este apartado permite arquivar todos os documentos presentados e facer un seguimento máis exhaustivo de cada solicitude. Esta obrigatoriedade na presentación telemática será optativa no caso daquelas queixas presentadas directamente por usuarios e ou familias.

Este Proxecto de orde tamén recolle modificacións normativas. Entre elas, establécese que as habitacións terán unha capacidade máxima de dúas prazas; flexibilízase a configuración dos fogares residenciais, para adaptar os requisitos de acceso á realidade dos mesmos; contémplase a adaptación das vivendas comunitarias, para favorecer a permanencia das persoas usuarias que pasan a ter máis dun grao I de dependencia ata que se adxudique praza nun centro apto; así como a flexibilización dos requisitos da zona de administración e dos servizos hixiénicos dos centros de inclusión e emerxencia social situados en vivendas normalizadas, co fin de facelos máis parecidos a un fogar.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre