Inicio Galicia Os catro ?influencers? de ?Vai de peixe? estarán mañá co tráiler desta...

Os catro ?influencers? de ?Vai de peixe? estarán mañá co tráiler desta iniciativa na escola oficial náutico-pesqueira de Ribeira

0

O centro dependente da Consellería do Mar acolle este venres ás 13:00 horas o acto presentación oficial da campaña

A Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira acolle mañá ás 13:00 horas a presentación oficial da campaña Vai de peixe, que contará coa participación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e dos catro influencers dinamizadores desta iniciativa, que son a atleta olímpica Ana Peleteiro, a presentadora Eva Iglesias e os youtubers Percebes y Grelos e Coque Macho.

O centro de formación marítimo-pesqueira de Ribeira é unha das paradas do percorrido que está a realizar o tráiler de Vai de peixe por diferentes zonas estudantís galegas. Neste camión, destinado a ofrecer información da campaña impulsada pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar, realízanse showcookings nos que se amosan distintas formas de preparar os produtos do mar e da acuicultura.

Vai de peixe é a primeira campaña de España destinada especificamente a impulsar o consumo dos produtos do mar e da acuicultura na franxa de idade entre os 18 e os 35 anos (xeración millennial). Mediante unha estratexia baseada na promoción dixital a través da web https://vaidepeixe.xunta.gal/ e redes sociais (Instagram e canle de Youtube), esta iniciativa busca fomentar hábitos de alimentación saudable e promover un consumo frecuente de peixe e marisco nesta franxa de idade para concienciar da importancia dunha nutrición equilibrada.

Durante o curso académico 2019-2020, Vai de peixe tamén levará a cabo unha serie de accións destinadas á difusión de información dos produtos pesqueiros, así como de receitas sinxelas e adaptadas ao estilo de vida millennial. Esta semana o camión da campaña empezou o seu percorrido no campus sur de Santiago de Compostela e tamén estivo no Campus de Pontevedra e no Campus de Vigo.

Durante os vindeiros días, o tráiler realizará as seguintes paradas:

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

21/11

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre