Inicio Galicia Os Bolechas reciben aos nenos e nenas no inicio das súas vacacións...

Os Bolechas reciben aos nenos e nenas no inicio das súas vacacións animando coa súa presenza no Nadal Solidario da Xunta de Galicia

0

A popular familia, idea orixinal de Pepe Carreiro, visitará aos pacientes pediátricos oncolóxicos do Hospital público Álvaro Cunqueiro o vindeiro 27 de decembro


A fin de semana vai quentando os motores no Tinglado do Porto de Vigo, que tiña programada hoxe unha das visitas máis esperadas polos cativos. Os Bolechas recibiron esta tarde aos nenos e nenas vigueses no inicio das súas vacacións animando coa súa presenza o Nadal Solidario da Xunta de Galicia.

A popular familia, idea orixinal de Pepe Carreiro, tras realizar un percorrido por las instalacións da man da delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, dedicouse a firmar autógrafos e posar xunto a quen se achegou este venres ata este espazo.

Cómpre lembrar que unha singularidade destes seis irmáns, xunto ao seu incondicional can Chispa, é que é un proxecto creado e desenvolvido en Galicia e que, ademais, utiliza o galego na súa versión orixinal, xogando un importante papel na promoción e difusión do idioma, ata o punto de que moitos nenos e nenas teñen na casa –e sobre todo no colexio– o seu primeiro e máis intenso contacto co galego a través das súas aventuras, todas elas cun destacado contido didáctico e pedagóxico. Pero ademais, son cultura raíz e contribúen á divulgación e á formación, mediante o pracer e o divertimento dos escolares de educación infantil e de primaria de Galicia.

Tras a visita de hoxe, Os Bolechas visitarán o vindeiro 27 de decembro ás 17.00 horas os pacientes pediátricos oncolóxicos do Hospital público Álvaro Cunqueiro e este mesmo día volverán ao Tinglado a partir das 19.00 horas. De intensa poderíase cualificar a xornada de hoxe, xa que tamén pasaron polo Tinglado os usuarios do CAPD Redondela e a Fundación Mayeusis, que se encargou de amenizar a tarde-noite deste venres con notas de son a ritmo de jazz.

No que atinxe á programación do sábado, a delegada da Xunta en Vigo adiantou que a partir da 19.00 horas será a quenda do Festival de Panxoliñas “Vigo, Xacobeo do Nadal”, organizado pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (Acopovi) cun programa co que intentarán chegar ao público de todas as idades.

O peche corresponderalle á Navia Swing Band. Esta banda escola, iniciada no ano 2011 da man de Rolandas Butkevicius, é a única de Vigo na que se ensina a tocar Swing e está integrada por nenos, mozos e maiores do barrio de Navia. Acompañados das súas frautas traveseiras, clarinetes, saxofóns, trompetas, guitarras e trombóns, entre outros instrumentos, subiranse ao escenario do Tinglado a partir das 21.00 horas da noite.

Espazo solidarioCompre lembrar que o cerne desta iniciativa son as 24 ONGs e organizacións solidarias participantes coas que o Goberno galego busca fomentar a solidariedade. Un lugar no que vigueses, turistas, peregrinos e empresarios poderán achegarse para aportar o seu grao de area. Un espazo, ideado pola Delegación Territorial de Vigo en colaboración coa sociedade civil e coa implicación de varias consellerías da Xunta e o Porto de Vigo, que busca canalizar a expresión solidaria dos cidadáns, pero que é moito máis, xa que permitirá encher a cidade de Vigo de cultura e tradición.

Deste modo, a iniciativa ten como obxectivo traballar coa sociedade civil, con entidades solidarias, fomentar accións participativas de ambiente familiar e colaborar en positivo coa cidade cun nadal próximo, xeneroso e solidario, con máis dun cento de actividades ao longo de todo o día en horario de 12 da mañá ás 10 da noite, estendéndose á medianoite os sábados e domingos.

Un proxecto co que se procura pór o foco de atención sobre os aspectos máis tradicionais do Nadal, nun espazo pensado para todos os públicos, coas familias como prioridade, cun programa que protagonizan os vigueses de principio a fin.

Nacemento da Catedral de SantiagoUn dos aspectos máis atraentes no interior do Tinglado é a mostra do Belén da Catedral de Santiago de Compostela, que en 60 metros cadrados amosará preto de 500 pezas articuladas. Asemade, haberá tamén demostración de oficios tradicionais, concertos de coros infantís, jazz, teatro e danza.

O apartado da animación corresponderalle á Federación de Bandas de Música Populares de Vigo e Asociacións de Corais Polifónicas, rondallas e agrupacións teatrais da cidade. Estarán presentes, alumnos da Escola de Arte Dramático, o coro infantil da Fundación Mayeusis, a Coral Casablanca ou os Bolechas, entre outros. Asemade, grupos locais e de jazz encargaranse de amenizar no horario ampliado ata as 00.00 horas as noites dos sábados e domingos.Á decoración tradicional do Nadal se suman, no interior do Tinglado, nove casetas de madeira que contan actividades propias nas que participan a Autoridade Portuaria de Vigo, que dará a coñecer os seus ambiciosos proxectos medioambientais; a Consellería de Medio Ambiente, coa celebración de talleres infantís que ofrecen desde experimentos de “Ciencia Divertida” ata actividades de reciclaxe e concienciación medioambiental; a Consellería de Mar, con actividades informativas das súas campañas; a Consellería de Cultura e Turismo e a Consellería do Medio Rural, que porán o foco de atención nos seus diferentes programas; Anfaco, que fará demostracións de conservas e organizará talleres informativos e showcookings; e as 24 ONGs que, en diferentes quendas durante as mañás e as tardes, terán a oportunidade de trasladar o seu proxecto solidario á cidadanía.

Terán así representación, APAM, Aspanaex, San Rafael, San Francisco, Igualarte, Down Vigo, Alento, Cáritas, o Comedor da Esperanza, as Misioneras do Silencio, AFAN, Ayuvi, Afaga, Asdegal, Red Madre, a Fundación Balms, Fundega, Discamino, Bicos de Papel, Asanog, Fundación Stop, Vida Digna, a Fundación Magar e a Asociación de Xordos de Vigo.

Así mesmo, a programación contará con xornadas especiais para os colexios, centros sociais de maiores e os nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Por último, a Fundación Celta de Vigo traerá xogadores do equipo de primeira división e do equipo Integra, formado por deportistas con discapacidade (gañadores este ano da Copa de España), cos que os visitantes poderán compartir momentos e pedirlles autógrafos.

Poaboado de Nadal, Reis Magos e carruselXa no exterior do Tinglado, na viguesa Praza da Estrela, hai disposto un poboado de Nadal e unha gran caseta onde o Paxe real recollerá as cartas dos máis pequenos da casa. Un espazo que completan o clásico carrusel e grandes figuras representando aos Reis Magos e ao tradicional moneco de neve. O eixo principal desta decoración é o Camiño de Santiago e os seus símbolos: a vieira ou as mouteiras.

Tamén participan no exterior as asociacións de comerciantes de Vigo, que se aquendarán para ofrecer información sobre campañas para as compras do Nadal nos barrios de Vigo; ou a Dirección Xeral de Xuventude, con animación xuvenil e máis de voluntariado para os mozos vigueses.

Haberá casetas para garapiñadas ou castañeiras tradicionais e un grupo de foodtrucks, entre os que participan: Pescanova, Frutas Nieves, La Joaquina e La Pepita. Todas elas contribuirán a este Nadal Solidario doando parte da recadación ás ONGs.

No solpor das fines de semana haberá concertos de grupos vigueses. Tamén está prevista a visita de varios conselleiros que manterán encontros con membros de organizacións e colectivos das súas áreas correspondentes en Vigo. Cómpre lembrar que neste proxecto involucráronse varias consellerías da Xunta e a colaboración do Porto de Vigo.

Outras actividadesLonxe das actividades propias no Tinglado e Praza da Estrela, incorpóranse a este Nadal solidario e comprometido a Federación de Asociacións de Veciños, celebrando un día completo de actuacións de relacionadas con estas datas que será patrocinado pola Xunta de Galicia.

Tamén haberá concertos en centros de persoas maiores e un gran concerto de campás que actuará simultaneamente en varias igrexas da cidade dende a Concatedral de Vigo, o 28 de decembro ás 13.00 horas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre