Inicio Galicia Os Bolechas celebran o Nadal en galego no programa da Rede de...

Os Bolechas celebran o Nadal en galego no programa da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta

0

A consellería de Cultura e Turismo, Edicións Bolanda, Gadis e a TVG presentan a xa tradicional xira que levará os irmáns animados máis famosos de Galicia a oito concellos

Os Bolechas celebran o Nadal, sen neve e moi preocupados polo quecemento do planeta, no marco das propostas de dinamización lingüística do programa Nadal en Rede impulsado pola Rede de Dinamización Lingüística. A Xunta, Edicións Bolanda, Gadis e a TVG presentaron hoxe a xa tradicional xira que levará os irmáns animados máis famosos de Galicia a oito concellos do 21 ao 30 de decembro.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto e sinalou na súa intervención que Os Bolechas, “que falan sempre en galego e son o mellor referente galegofalante para a cativada, son tamén unha das propostas máis divertidas coas que encher as programacións municipais destinadas ao lecer das familias e da xente miúda e un dos mellores motivos cos que galeguizar a celebración destas datas”.

Participaron canda el Tomás Valín, responsable de Bolanda Edicións; Antonio Cortés, director de Mercadotecnia de Gadis, e Xaime Arias, director de Proxección Social da CRTVG. O acto contou coa asistencia dun grupo de 41 alumnos e alumnas do compostelán CEIP Mestre Rodríguez Xixirei da Lavacolla.

Nadal… pero sen neveÉ Nadal e os Bolechas están na casa, porque vai moitísimo frío. A televisión di que un informe da axencia europea do medio ambiente sitúa o noroeste peninsular como unha das zonas que máis se verán afectadas polo quecemento do planeta. Os irmáns fican arrepiados e chaman o seu amigo científico Estroncio Potasio que co seu aparello cuántico acelerado vai provocar algo terrible: un Lixontropo, unha das consecuencias do cambio climático, ao que lle encanta o calor nestas datas e tamén comer fume de coche, cueiros, porcalladas…A proposta teatral con monicreques manipulados arranca este mesmo sábado, 21 de decembro, en Curtis (no Salón Multiúsos do recinto feiral, ás 17,00 horas) e poderase gozar, en todas as localidades con entrada libre e de balde ata esgotar as localidades, o domingo 22 en Padrón (no auditorio municipal, ás 18,00 horas); o luns 23 en Cambados (no Salón de Congresos e Exposicións José Peña, ás 17,30 horas): o xoves 26 en Cuntis (no Centro Sociocultural e Xuvenil José Raído Patelas, ás 18,00 horas); o venres 27 en Viana do Bolo (na Casa da Cultura, ás 19, 00 horas); o sábado 28 na Pobra do Brollón (na Casa da Cultura Olga Novo, ás 18,00 horas); o domingo 29 en Outes (no auditorio da Casa da Cultura, ás 19,00 horas) e o luns 30 en Redondela (no Multiúsos da Xunqueira, ás 18,30 horas).

Toda a información e calendario no Portal da Lingua Galega, na Axenda de Cultura de Galicia e no enlace web www.lingua.gal/nadal-en-rede.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre