Inicio Galicia Os Bolechas axudarán a poñer en valor a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal...

Os Bolechas axudarán a poñer en valor a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal entre os máis pequenos

0

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) presentou hoxe en Valença esta nova edición


A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) presentou hoxe un novo libro dos “Bolechas” que se centrará en poñer en valor a Eurorrexión entre os máis pequenos.

No acto de presentación, que tivo lugar esta mañá en Valença, participaron o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago, e a subdirectora da mesma entidade, Graça Fonseca.

A edición “Os Bolechas. Entre Galicia e o Norte de Portugal” está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e mostrará os distintos lugares a ambos lados da fronteira, dunha forma didáctica e adaptada aos máis pequenos.“Os Bolechas” naceron no ano 2000 e téñense convertido nunha das series máis importantes da literatura infantil galega, con máis de 500 títulos publicados e un millón e medio de exemplares distribuídos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre