Inicio Galicia Os Bolechas achegan aos máis novos o valor engadido da madeira e...

Os Bolechas achegan aos máis novos o valor engadido da madeira e os diferentes usos deste material autóctono

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, asistiu no CEIP Mestre Rodríguez Xixirei de Santiago a unha sesión de contacontos destes coñecidos personaxes


O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, asistiu esta mañá no CEIP Mestre Rodríguez Xixerei de Santiago de Compostela a un contacontos no que os personaxes dos Bolechas achegaron ao alumnado do centro o valor engadido da madeira e os diferentes usos deste material natural, autóctono e reciclable que está no seu día a día.

A iniciativa desenvólvese en torno ao libro Os Bolechas fan cousas de madeira, publicado coa participación do Clúster da Madeira de Galicia e diferentes asociacións do sector e que se está a distribuír en diferentes centros educativos. O apoio da Xunta a este proxecto enmárcase na Estratexia de formación da industrial forestal de Galicia, que ten entre os seus principais eixos a sensibilización e divulgación, visibilizando a importancia da madeira tanto no tecido empresarial como na sociedade galega.

A representación que hoxe se desenvolveu no colexio compostelán baséase en dous persoeiros que son carpinteiros que viaxan por todo o mundo: Serrucho e Martelo. Ao longo da representación van aparecendo os persoeiros dos Bolechas que interactúan cos nenos e nenas en diferentes xogos con madeira. Ao finalizar entrégase a cada asistente o libro de contos Os Bolechas fan cousas de madeira, deixándo exemplares para a biblioteca do colexio.

O CEIP Mestre Rodríguez Xixirei esta implicado na utilización de madeira como elemento decorativo e que ofrece calidez nas aulas, substituíndo de xeito progresivo plástico por elementos naturais de madeira.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre