Inicio Galicia Os beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que cursarán un mestrado...

Os beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que cursarán un mestrado na Universidade da Coruña protagonizan a última xornada informativa práctica online

0
image_gallery.jpg

A sesión está dirixida os 30 alumnos, do total de case 150 bolseiros galegos procedentes do exterior, que elixiron a UDC no programa da Secretaría xeral da Emigración


A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia e as tres universidades públicas galegas, dirixiron esta tarde a terceira e última xornada informativa online aos arredor de 30 beneficiarios da Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que cursarán o seu mestrado na Universidade da Coruña (UDC). Remata así un ciclo de sesións distribuídas entre as diferentes institucións universitarias galegas que comezou a semana pasada e que ten como obxectivo ofrecer información práctica aos preto de 150 mozos galegos do exterior destinatarios deste programa do Goberno galego.

Representantes da UDC, a Consellería de Sanidade e a Secretaría Xeral da Emigración foron os encargados de ofrecer información e resolver as cuestións expostas polos beneficiarios acerca do protocolo para a detección e manexo de casos de infección activa polo virus covid-19 e sistema sanitario e o académico galego, así como sobre o programa en si. Membros da Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia e bolseiros de anteriores edicións das BEME deron resposta, pola súa banda, ás dúbidas acerca dos trámites e os aspectos máis prácticos da vida e o seu establecemento na comunidade autónoma, xa que moitos destes mellores expedientes académicos de mozos galegos do exterior son descendentes de emigrantes que proceden de diferentes países de América.

América e EuropaDo total de bolseiros desta cuarta convocatoria das BEME, 54 residen na Arxentina, 20 en Venezuela, 16 en México, 13 no Uruguai, 12 no Brasil, 10 no Reino Unido, 6 en Cuba, 3 en Chile e outros 3 en Alemaña, 2 en Portugal, 2 en Italia, e 1 en Canadá, Ecuador, Francia, Países Baixos, Rusia e Suíza, respectivamente. A idade media dos beneficiarios deste programa da Secretaría Xeral da Emigración sitúase en 29 anos, sumando a maioría dos alumnos entre 22 e 30 anos de idade. Ademais, as mulleres concentran o 56% das bolsas, mantendo así a tendencia que experimenta esta iniciativa pioneira do Goberno galego desde a súa primeira edición, no curso 2017/2018.

Estratexia Retorna 2020As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior forman parte da Estratexia Retorna, o primeiro plan integral de retorno de España, que persegue incentivar o retorno dos cidadáns galegos do exterior, non só dos emigrados, senón tamén dos seus descendentes, favorecendo a súa incorporación e a dos seus fillos nos centros de ensino secundario da comunidade, así como no sistema universitario de Galicia a través dun total de máis de 60 medidas tanto específicas como transversais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre