Inicio Galicia Os beneficiarios das axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e...

Os beneficiarios das axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións terán ata o 15 de outubro para presentar a licenza de obra

0

Así o publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, que amplía o período marcado na orde inicial nun mes para poder aportar esta e outra documentación adicional


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural polo que se amplía o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos correspondentes coas axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións. Agora, os beneficiarios terán ata o 15 de outubro para presentar esta documentación.

Ante as peticións de diferentes organismos para prolongar o dito período co fin de poder emitir os preceptivos permisos, o departamento de Medio Rural decidiu, un ano máis, ampliar o prazo para facilitar a tramitación a gandeiros e agricultores beneficiarios destas subvencións e evitar así que perdan as achegas.

O orzamento desta convocatoria chega aos 42 millóns de euros e está encadrada dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, que prevé –para estas liñas de axuda– un investimento de 247,5 millóns de euros en todo o período de execución.

Grazas a esta orde, o ano pasado incorporáronse á actividade agraria 382 mozos, renováronse e modernizáronse 803 explotacións, a través dos plans de mellora, e apoiáronse outras 290 pequenas granxas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre