Inicio Galicia Os avances nos traballos do novo firme na autovía do Salnés obrigan...

Os avances nos traballos do novo firme na autovía do Salnés obrigan a desviar o tráfico a partir deste xoves

0

As boas condicións meteorolóxicas e o reforzo de medios permitirán iniciar mañá os traballos no tramo entre Meis e Curro

Os avances nos traballos de estendido do novo firme na autovía do Salnés obrigarán a desviar o tráfico a partir deste xoves, día 28 a través de estradas locais.

As boas condicións meteorolóxicas e o reforzo de medios para esta obra de renovación extraordinaria do pavimento da AG-41 están a permitir acelerar as tarefas, polo que mañá está previsto chegar ao tramo entre Meis e Curro.

Para continuar cos traballos do firme da autovía, que se retomaron este mesmos luns, é obrigado realizar neste tramo, e durante dúas xornadas, o corte da calzada esquerda da autovía, entre o enlace de Ribadumia e o enlace de Curro. Deste xeito, quedará habilitado o desvío do tráfico a través de estradas locais VG-4.2, EP-9305 e PO-300.

Este corte de calzada e o desvío prepararanse na noite de hoxe e a previsión inicial é poder ter rematados os traballos de estendido de firme a última hora do venres. No caso de ser necesario continuar cos traballos o luns para o seu remate, ese día habilitarase novamente o desvío de tráfico, mantendo a durante a fin de semana a circulación habitual na autovía.

Segundo o programa de obra previsto, nas seguintes semanas realizaríanse cortes puntuais para a recolocación das xuntas de dilatación dos viadutos afectados polo estendido de firme realizado esta semana.

Tamén na última semana de xuño está previsto proceder á realización do pintado definitivo de marcas viarias en toda a autovía.

As afeccións ao tráfico estarán debidamente sinalizadas.

Esta intervención completará a renovación de firme iniciada no pasado verán e que tivo que ser interrompida no inverno por mor das condicións meteorolóxicas adversas que impedían unha boa execución e condicionaban o resultado final da actuación.

As obras enmárcanse no acondicionamento do pavimento de toda a autovía do Salnés e dos seus ramais que debe realizar a concesionaria, coincidindo coa metade do período de concesión.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre