Inicio Galicia Os avances nas obras de conservación e reforzo de firme na autoestrada...

Os avances nas obras de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica a Coruña-Carballo farán necesario cortes de carril desde hoxe e durante esta semana

0

As obras estarán debidamente sinalizadas e minimizarase a afección ao tráfico limitando os cortes de carril a un, agás, puntualmente, nos ramais

Os avances nas obras correspondentes á campaña de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica A Coruña-Carballo (AG-55) farán necesarios cortes de carril desde hoxe e durante esta semana.

Trátase dos traballos de rehabilitación superficial e reforzo estrutural localizado en distintos tramos da AG-55. Para minimizar a afección ao tráfico, os cortes de carril limitaranse a un carril, agás, puntualmente, nos ramais.

De acordo coa planificación das obras de conservación sistemática da AG-55, que se iniciaban o pasado luns, as tarefas a desenvolver esta semana centraranse na roza mecanizada de noiros, incluíndo os dos ramais de enlaces. Tamén se realizarán ao longo dun tramo de 3 quilómetros os labores de recrecido de beiravías, así como a reparación da sinalización vertical.

Destacan nesta actuación os traballos na área de peaxe de Bidueira, onde se cambiará o adoquinado por aglomerado para favorecer a comodidade dos usuarios. Aquí os traballos téñense organizado en cuadrantes, cunha división en zonas que persegue minimizar o peche de vías. En todo momento esta zona tamén estará debidamente sinalizada e contará con persoal de sinalización para dirixir o tráfico, se fose necesario.

Os traballos na autoestrada A Coruña-Carballo En conxunto, esta actuacións na autoestrada A Coruña-Carballo comprenden a rehabilitación superficial nun total de once treitos, nos dous sentidos, o que suporá acutar en máis de 23 quilómetros da vía.

En canto aos traballos de rehabilitación estrutural, actúase no tronco da AG-55, en sentido crecente, entre os puntos quilométricos 6+950 e 13.350 e, en sentido decrecente, entre os puntos 13.400 e 13.380. Tamén se realizan actuacións de fresado e reposición de firme nos ramais de Paiosaco, A Laracha, Carballo Este, Carballo Norte, e Carballo Oeste.

Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, inclúese nesta intervención a eliminación do chanzo da beiravía entre A Laracha e Carballo. Esta intervención implica actuacións nos tramos que se corresponden cos seguintes puntos quilométricos: 22+880 e 26+700, 28+140 e 28+480, 28+740 e3 3+270, 33+320 e 34+820, en sentido crecente. Esta mesma actuación realizarase en sentido decrecente nos seguintes puntos: 34+820 e 33+270, 33+320 e 28+180 e 26+700 e 22+800.

Os traballos na autoestrada A Coruña-Carballo complétanse coa substitución da lastra por aglomerado, antes e despois da estación de peaxe troncal de Bidueira (no punto quilométrico15+000, sentido decrecente).

Segundo a planificación prevista, esta intervención prevé prolongaranse ata o vindeiro día 18 de setembro, sempre que as condicións climatolóxicas sexan as adecuadas para levar a cabo estes traballos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre