Inicio Galicia Os alumnos do CEIP Padre Feijoo, de Allariz, fórmanse en hábitos responsables...

Os alumnos do CEIP Padre Feijoo, de Allariz, fórmanse en hábitos responsables nas estradas coa campaña de seguridade viaria ?O corazón está do teu lado?

0

A Consellería de Infraestruturas, coa colaboración de Educación, ten en marcha esta campaña dirixida a cativos de 6 a 12 anos, que entre o pasado curso e o presente chegará a 40 colexios


Os escolares do CEIP Padre Feijoo, en Allariz, xa forman parte desde esta semana da campaña da Xunta ‘O corazón está do teu lado’, que ten como obxectivo fomentar hábitos responsables nas estradas entre os máis novos.

Os rapaces deste centro educativo aproveitaron a xornada deste mércores para iniciarse nas actividades propostas nas unidades didácticas coas que tamén traballarán co profesorado ao longo de todo o curso escolar, para sensibilizarse da relevancia da seguridade viaria e do respecto ás normas de circulación.

Esta iniciativa da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, coa colaboración de Educación, está a impulsar a educación viaria e vai dirixida a nenos de 6 a 12 anos, prevéndose que entre o pasado curso e o presente a campaña chegue aos nenos duns 40 centros escolares.

Este curso escolar está a darse continuidade a actividade formativa que vén desenvolvendo a Xunta nos último anos, tendo programado levar este curso de sensibilización viaria a un total de 20 colexios de toda Galicia.

O programa, incluído dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, ten como obxectivo explicar e ensinar aos máis cativos a marxe da estrada pola que deben camiñar, sempre pola esquerda, polo lado do corazón. Trátase así de que os cativos aprenden a importancia de empregar as sendas peonís, camiñar polo lado do corazón, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía.

A campaña busca, en definitiva, que os máis novos se preocupen pola súa propia seguridade viaria e contribúan, deste xeito, tamén á seguridade dos demais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre