Inicio Galicia Os alumnos do CEIP O Ruxidoiro, en Barbadás, iniciarán mañá a súa...

Os alumnos do CEIP O Ruxidoiro, en Barbadás, iniciarán mañá a súa formación en hábitos responsables nas estradas coa campaña de seguridade viaria ?O corazón está do teu lado?

0

A Consellería de Infraestruturas, coa colaboración de Educación, ten en marcha esta campaña dirixida a cativos de 6 a 12 anos, que entre o pasado curso e o presente chegará a 40 colexios

Os alumnos do CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro, en Barbadás, comezarán mañá a formarse en hábitos responsables nas estradas coa campaña da Xunta ‘O corazón está do teu lado’.

Os rapaces deste centro educativo iniciarán o traballo coas unidades didácticas e actividades propostas nesta iniciativa para sensibilizarse da relevancia da seguridade viaria e do respecto ás normas de circulación.

Esta iniciativa da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, coa colaboración de Educación, vai dirixida a nenos de 6 a 12 anos, prevéndose que entre o pasado curso e o presente a campaña chegue a uns 40 centros escolares.

Este curso está a darse continuidade á actividade formativa que vén desenvolvendo a Xunta nos últimos anos, tendo programado levar esta formación a un total de 20 colexios de toda Galicia.

O programa, incluído dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, ten como obxectivo explicar e ensinar aos máis cativos a marxe da estrada pola que deben camiñar, sempre pola esquerda, polo lado do corazón. Trátase así de que os cativos aprenden a importancia de empregar as sendas peonís, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía.

A campaña busca, en definitiva, que os máis novos se preocupen pola súa propia seguridade viaria e contribúan, deste xeito, tamén á seguridade dos demais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre